20120307

Cando os medios son nova

Cando os medios son nova pode suceder que se esteñan mirando ó seu propio embigo ou que esteñan na picota, e aínda que xisten outras posibilidades, a súa probabilidade é abondo menor.
Hoxe na Voz de Galicia sae unha columna na que os medios se miran ó embigo, pero porque llo sinalaron dende fóra como xeito suave de advertilos de que non gusta o que poñen. Noutra parte da nova aparece algún dato, e certamente non parece que os xornais se pasaran de alarmistas; se cabe, algún titular para vender algo máis, xuzgable de xeito subxectivo, pero punto (por certo que non se trata de eufemismos ou cousas polo estilo). O 'índice de delitos', 36 cada 1000 habitantes, é pequeno en relación a outras zonas, si, pero case duplica a media lucense. E os roubos veñen por oleadas, concentrados. E iso nun momento no que din que se aumentaron moito as detencións, o que indicaría, en contra do que parece afirmar este último dato por solto, que o aumento de delincuentes é maior, e / ou unha variación no seu perfil, pero non unha maior eficacia das forzas de seguridade.
O secretismo da seguridade pode dar sorpresas, pero para ben ou para mal, e moitas veces emprégase en plan político, para administrar a información (como poder en relación a quen non a ten e polo tanto, como exercicio efectivo de dito poder para efectos varios), en troques de facelo só para mellorar a eficacia da seguridade. Non é a primeira vez nin será a última

Ningún comentario: