Non é a primeira vez que lle adico unha entrada á Casa da Xuventude (aquí, por exemplo unha entrada de hai seis anos pensando que o seu uso ía comezar para a xuventude, ou aquí, cando levaba xa tempo sen inaugurar, ou aquí, preguntándome sobre o seu uso). Teño comparado moitas vecesno blog o seu funcionamento e as súas prestacións coa de Vilalba, que coñezo e funciona dende hai tempo atendendo á xuventude. Teño dito que aquí non é así. Hai tempo que funciona unha planta como telecentro, outra esporádicamente úsase para charlas ou algunha outra actividade (dende relajación ata pintura, pasando por algunha xuntanza). Outra máis estivo en desuso prácticamente, e era usada en tempos polo Tesón para ter as xuntanzas da directiva (non para recibir xente) ata que se levou algún material para ela e logo foi ocupada pola delegación Mocidade e Sociedade da información do Concello. Outra máis tivo unha ou dúas únicas actividades, que eu lembre, en todo o tempo no que a casa leva aberta.
Agora preténdese facer obras para que a Casa da Xuventude albergue dúas oficinas, a OMIX e a Concellalía de Deportes.
A Casa da Xuventude xa vai cumprindo anos e chegando á súa maioría de idade, co que pasa de pertencer ó grupo de 'xente nova' ó grupo de 'maiores'. Pero aínda que pretencera ó grupo de xente nova, polas súas actuacións nunca o pareceu, e agora que xa vai sendo maior, tampouco.
Ningún comentario:
Publicar un comentario