20120326

Comentarios externos ás eleccións

Posiblemente hoxe as noticias vaian da man dos votos de onte. Digo posiblemente porque limiteime a ver anoite os resultados, sen mirar esta mañá os comentarios. 50-47-12 PP/PSOE/IU en Andalucía, 16-13-10-5-1 PSOE/FAC/PP/IU/UPyD na veciña comunidade.
É dicir, o PP non chegou á maioría absoluta en Andalucía, que pode ter goberno de maioría PSOE-IU mentras en Asturias PSOE, IU e UPyD aumentan 1 a conta de Foro, que se queda con trece, pero que pode formar unha maioría ideolóxica co PP, que resiste en número de escanos. Para os grandes partidos, suba do PP, pero non a esperada, contradicción para o PSOE, esperada, aumento de IU, pero sen capitalizar todo o descontento social que podería. Tanto en Asturias como en Andalucía, rebaixas para os gobernantes, pero mentras que en Asturias as eleccións foron perdidas polo convocante, en Andalucía foron só perdidas a medias, en medio de casos de corrupción. As alternativas seguen a ser incógnitas, pois UPyD é, dende o comezo, un partido máis do sistema que non se da erixido en algo abondo consolidado. Por suposto, unha vez visto que o PP non nos saca da crise de xeito inmediato e contundente, os resultados electorais tamén comezan a virar, aínda que en conxunto siga subindo, e iso aínda tendo fronte a el en Andalucía a posibilidade de capitalizar a corrupción. Claro que esa palabra non é allea o que xa está sucedendo de novo na cúpula a nivel estatal ou sae nos xornais un día si e outro tamén a nivel autonomías.
Resultados definitivos a falta do voto emigrante
As abstencións, en máximos, creo que tamén indican algo (a táboa de enrriba está feita con datos dos partidos que obtiveron alomenos un 0,1% de votos emitidos). E é que por riba dos resultados en canto a escanos, contan os resultados en canto a votos. E isos indican en Andalucía as diferenzas PP-PSOE foron mínimas, e que os dous baixaron en votos, e en Asturias, que sorprendentemente Foro Asturias vése beneficiado pola distribución electoral, non sendo o partido máis votado. Tando UPyD como Equo acadan porcentaxes semellantes nas dúas votacións, pero a dispersión de voto en Asturias facilita que a xente de UPyD obteña un escano, mentras que Equo queda lonxe do mínimo en ambas comunidades.
Cambios? Algún si, pero non demasiados ...
Respecto a Ribadeo? Non vexo que lle vaia a efectar moitoa á ría, por exemplo, e como non sexa a posibilidade de volta ó goberno asturiano de Paco Rivas ...

2 comentarios:

agremon dixo...

Unha curisoidade en torno á presentación gráfica dos resultados: http://fqribadeo.blogspot.com.es/2012/03/estatisticas-e-representacion-de-datos.html

agremon dixo...

... e unha precisión sobre os resultados definitivos, unha volta contada a emigración: En Asturias, o PSOE consegue o deputado 17 tras a conta dos votos da emigración: 17 PSOE - 12 FAC - 10 PP - 5 IU - 1 UPyD