20120301

Encaixando cartos coas caixas: en Galicia, máis.

Onte vin en Im-pulso unha ligazón e seguina. O título do documento que descarguei e lin, "La financiación de las oligarquías provinciales en el apogeo y crisis del negocio inmobiliario en España. Una reflexión sobre las cajas de ahorros", aínda que un moi técnico, día ás claras de que vai o tema. E non defrauda.
Claro que a crise das caixas non deixa de ser cousa miuda en relación ó tirar do teto que estamos sufrindo noutros lugares, pero aínda así é recomendable botarle unha ollada a un documento curto que incide na historia de máis dun século de España e certamente clarifica os designios evolutivos dunha economía que dun tipo de colonización métese noutro.

Ningún comentario: