Nota de prensa
Ribadeo, 20120310
A AVV O Tesón comezou o venres 9 un novo ciclo de catro actividades de cine forum co nome xenérico de 'Indignados'.
A primeira película comentada foi Taking Root ('Collendo raíces'), a historia do movemento 'cinturón verde' e Wangari Maathai, premio Nobel da Paz, que logrou cambiar a conciencia dun país en relación á natureza e á súa propia cultura, e tivo repercusións sociais, contribuíndo ó cambio de política e de goberno en Kenia.
A participación, que se situou nas trinta persoas, foi importante sobre todo polo intercambio de ideas que se mantivo no foro final, imposible de resumir nunhas poucas liñas máis aló da expresión de satisfacción dos asistentes ou a cita dalgún tema tratado, como a información recibida do movemento cinturón verde e a que se puido palpar na película, a consideración da muller ou a sostibilidade alimentaria e o acaparamento de terras a nivel mundial.
O ciclo continúa o próximo venres no mesmo lugar, o Salón de Actos da Casa do Mar de Ribadeo, e á mesma hora, as 20:00, coa proxección de “Una verdad incómoda”, película documental de Al Gore sobre o quencemento global, que cerra a parte máis medioambiental do ciclo, e sará continuada por Inside Job e La doctrina del shock, ambas sobre temas sociais.
Calquera dos venres, a actividade, de participación libre e gratuíta, consistirá nunha pequena charla presentando a película, o pase correspondente, unha animación á posta en común e a propio foro de ideas e sentementos sobre a temática.
Lémbase que ó igual que os anteriores ciclos promovidos pola asociación veciñal, este desenvolverase en catro fins de semana seguidos. As próximas proxeccións terán lugar os venres 16, 23 e 30 de marzo.
Adxúntase unha foto do evento.
Vista parcial dun momento da proxección |
Ningún comentario:
Publicar un comentario