20120317

Nota de prensa de O Tesón sobre o ciclo de charlas 'indignados'

AVV O Tesón
Nota de prensa

Ribadeo, 20120317

A AVV O Tesón comezou o venres 9 un novo ciclo de catro actividades de cine forum co nome xenérico de 'Indignados'. A primeira película comentada foi Taking Root ('Collendo raíces'), a historia do movemento 'cinturón verde' e Wangari Maathai, premio Nobel da Paz. A segunda, que tivo lugar este venres, foi “Una verdad incómoda”, cinta na que Al Gore, político estadounidense, expón os feitos do cambio climático e aboga por un cambio de mentalidade para resolver o problema.

No debate, no que se superou as vinte persoas, sacou a relocer diferentes visións do problema, así como circunstancias que fan del un tema non só social, senón tamén político e económico.

O ciclo continúa o próximo venres no mesmo lugar, o Salón de Actos da Casa do Mar de Ribadeo, e á mesma hora, as 20:00, coa proxección de “Inside Job” (“As interioridades do traballo”), película documental que foi premiada cun Oscar e que pon o descuberto algunhas prácticas de relacións de traballo e producción. Rematará unha semana máis adiante con “La doctrina del shock”.

Calquera dos venres, a actividade, de participación libre e gratuíta, consistirá nunha pequena charla presentando a película, o pase correspondente, unha animación á posta en común e a propio foro de ideas e sentementos sobre a temática.

Lémbase que ó igual que os anteriores ciclos promovidos pola asociación veciñal, este está a desenvoltarse en catro fins de semana seguidos, dos que faltan os venres 23 e 30 de marzo.

Ningún comentario: