20120308

Riqueza galega

Contas polo alto: Imaxínate que vas contando, segundo a segundo, os segundoa da túa vida. 86 400 ó día, algo menos de 32 millóns ó ano ... para unha persoa de 70 anos, iso ven representando algo menos de 2 400 000 000 segundos. Pois agora conta que ganas a razón de 10 € cada segundo, dende o primeiro segundo da túa vida. Terías 24 000 000 000 € ... e quedarías abondo por baixo da fortuna que se lle calcula a un galego, Amancio Ortega.
Démoslle a volta. Supoñamos que Amancio Ortega (76 anos), lle quedan 30 anos de vida. Debera gastar máis de 30 € cada segundo para (máis ou menos) acabar coa súa fortuna ... Pero é que ademáis, a fortuna deste home fíxose na segunda metade da súa vida, pois Zara naceu no 1975, co que pode dicirse que por termo medio e dende aquela está a ganar 30 € cada segundo.
Se decidira doar a partes iguais os seus cartos (non creo que o vaia facer, pero ...) entre os mariñáns, teríamos cada un, do recén nado ó máis vello, máis de trescentos mil € máis así, de golpe e porrazo.
Amancio Ortega é o dono de Zara e Inditex. E non imos falar nesta entrada de deslocalizacións (por exemplo) ou da crise do campo galego e mariñán (por poñer outro exemplo). Felicidades, Amancio, chegaches ó 5º posto da lista de máis ricos do planeta! (datos dun noticiario de onte)

Ningún comentario: