20120318

Viva la Pepa! en Ribadeo, hoxe: 15M e folga

A Pepa, a Constitución de 1812 emanada das Cortes de Cádiz, está o luns 19 de marzo de cumpreanos. A primeira constitución / norma xeral non emanada en España de orde real. Un paso adiante que se veu abaixo ós poucos anos pola invasión que representaron os fillos de S. Luis, reclamados polas forzas reaccionarias.
Hoxe, domingo 18/3, estáse a preparar a folga xeral do 29. Convocáronna os sindicatos, pero 'sen sindicatos tamén habería folga': coido que hai que aclaralo ante o desprestixio sindical, aproveitado para atacar a folga. Con sindicatos ou sen eles, debe haber folga. Houbo unha xuntanza relacionada co 15M en Ribadeo, e alí xurdiron algúns bocetos para animar o manifesto ó tempo que se preparaba unha acción máis ampla que se decidirá o próximo domingo.
Deixo escaneados os modelos:
1.Como a folga é de todos, amas de casa, labregos ou parados deben estar representados:
2.Como a cousa xurdiu nunha servilleta de papel, ó mellor non estaba de máis engadir a lenda da beira da servilleta:
3.O pensar é un primeiro momento antes da concienciación e da acción. O ter a conciencia crítica, desenchufada dos medios... :
E, polo medio, a percepción de que cos seus máis e os seus menos, o 15M segue adiante despois de 9 meses:
En fin, mentras unha lembranza: mañá, luns 19, tocaría pleno en Ribadeo. Haberáo? Agora mesmo non teño nin idea: os medios non din nada, na páxina do concello nn hai nada ... e o segundo luns de mes impar xa foi o pasado ...

Ningún comentario: