20120502

2 de maio. Repensando cousas relacionada co 1 de maio en Galicia

A simboloxía do 1º de maio é radicalmente diferente á do 2 de maio, nunha perspectiva española, atinxindo a loitas plenamente diferenciadas. Aproveito unha gráfica aparecida o 27 de abril na Voz para, á miña maneira, facer unha relación entre ambas. Resulta estimo que que os datos que usa poden suscitar moitas interpretacións, e abaixo me remito. A primeira é a gráfica escaneada da nova en papel (en dixital non aparece a gráfica):
Alí vese que a cantidade de xente parada e pensionista supera á afiliada a S.S. nestes últimos tempos. Pero da unha idea de suavidade na actualidade, ficticia por estar os tres últimos meses (xaneiro a marzo 2012) representados noutra escala diferente. As outras, son gráficas realizadas a partir dos datos de http://www.empleo.gob.es/estadisticas/ecl/welcome.htm
A táboa de datos inicial das gráficas feitas por min, a mesma que a dos datos do xornal [a notar que os incrementos tómanse con valor normalizado anual, co que os datos que aparecen serían os que aparecerían despois dun ano con eses incrementos mensuais]:
A mesma táboa, con outra representación, da lugar a unha visión diferente dos datos axustada ós tempos, esta volta, con espazos horizontais proporcionais ó transcurso do tempo:
gráfica na que se tomou a escla vertical abondo maís comprimida, e onde se manifesta o incremento de xaneiro, chamativo, e, non obstante, irrelevante na interpretación se se comara coa última gráfica, na que aparecen dentes de serra anuais. Si que se manifesta por outra banda, un mantemento e mesmo incremento no emprego que custa distinguir na gráfica do xornal.
A partir dos datos, tamén se pode observar a variación que sofren mensualmente, abondo indicativa se se toma como variación a anual (ver nota sobre a táboa):
Coido que se se comparan as gráficas, sobran explicacións e pódese unir o sentido do 1 de maio, de reivindicación laboral, co 2 de maio, reivindicativo de dereitos como España en conxunto, e polo tanto, dos españois.
Afondando un pouco máis na perspectiva, recollendo os datos estatísticos que se poden atopar na web, obtemos:
Gráfica que pon un pouco máis en perspectiva as cousas. Así, por exemplo, a poboación de Galicia está nos niveis de hai 20 ou 30 anos, pero o aumento de pensionistas leva a cifra actual a case o doble que hai 30 anos, manténdose o aumento dun xeito continuado e lembrando o envellecemento da nosa poboación e o problema asociado. Mentras, os afiliados á S.S. están netamente por riba dos de hai 30 anos, aínda a pesares do baixón de case 200 000 persoas dende o comezo da crise, e debido ó aumento constante do 97 ó 2007 (o que coincide case punto por punto coa burbulla inmobiliaria). Hai habería que falar, por exemplo, da incorporación da muller ó mundo laboral ou do trasvase de xente ás cidades. En canto ó paro, sorprende (alomenos a min nun comezo) que aínda agora a cantidade de xente afectada sexa de pouco máis que a terceira parte da xente pensionista, o que non varía o resultado final da primeira gráfica presentada, pero si a súa interpretación. E salienta un novo dato a cavilar: Cara ó 2007, había uns 7 afiliados á S.S. por cada parado. Hoxe son pouco máis de 3 ... unha situación en porcentaxes non moi diferente da do 96, tamén en relación ós pensionistas.
Por certo, o pasado ano parece ser o segundo en importancia de destrucción de emprego ...

Ningún comentario: