Cando chove sobre mollado, a xente está empapada, pode que enlamada e o chan esvara. Úsase para representar cansancio, hastío... E así estamos, con moitos motivos, tanto a nivel da zona como a nivel estatal.
A nivel de zona, as últimas novas son de resistencia. A constitución dunha cooperativa para tratar de defender o prezo da madeira a traverso do control do seu tratamento é unha nova que indica un movemento económico forzado pola necesidade, ó marxe de que poda resultar fructífero. Os veciños das parroquias afectadas polo expolio de igrexas pouco a pouco comezan a tomar asemade as riendas para ter unha iniciativa de solución do caso que a estrutura eclesial non parece ter (co fondo con varios problemas: de quen son ás igrexas? A estrutura coida algo máis que da fe teórica? ...). Claro que tamén as hai paliativas, como a doación de 70 000 € dos comuneiros de Piñeira para ampliación dun cemiterio,
A nivel estatal, parece que a sangría continúa, incrementándose cando xa non se pensaba que a sociedade fora capaz nin de aguantar moito máis nin de subministrar máis fondos: o de Bankia vai xa polos 15 000 000 000 €... e súmase a tantas cousas anteriores que parecería que a gangrena está no corpo social en conxunto.
Mentras, en Ribadeo seque a sorprender que co movemento de reorganización xudicial o concello non diga nin mu, en contraste cos de Mondoñedo ou Viveiro. Recuperarase así o xulgado? Evidentemente, non é o camiño. Quen non chora non mama, e quen non da a batalla tena perdida de antemán, por poucas posibilidades que tivera antes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario