12M
Despois dun ano, as persoas do movemento 15m volveremos a saír ás prazas nunha xornada de
mobilización global, ocupando un espazo que é noso, das veciñas e veciños. Non será unha
celebración nostálxica dos acontecementos do 2011, pero si unha maneira alegre de volver a estar
xuntas, para seguirmos pensando que mundo queremos; sabemos que outro mundo é posible,
atrevámonos a pensalo e a facelo entre todos. Recomezamos este sábado 12 de maio, no Cantón de
Ribadeo ás 12 da mañá cunha concentración, seguida dun xantar popular.
Asemblea 15M Occidente Asturiano- Mariña Lucense
Cartel do #12M15M |
AMARANTE Setem e o Sindicato Labrego Galego organiza en Ribadeo dendo o domingo 13 de maio ata o mércores 16, unha serie de activadedes entorno o Dia Internacional do Comercio Xusto, que se celebra o 12 de maio.
Estas actividades se enmarcan dentro da Semana Galega de Comercio Xusto que co lema “Café con leite amargo. Fronte a PAC, Soberanía Alimentar e Comercio Xusto”, a Asociación AMARANTE Setem e o SINDICATO LABREGO GALEGO organizan en Santiago, Pontevedra e Ribadeo para visibilizar o impacto negativo das políticas agrarias internacionais nos labregos e labregas e nas persoas consumidoras tanto no Norte, e en concreto en Galicia, como no Sur. E demandar outro modelo de comercio e consumo máis respectuoso cas persoas labregas e produtoras, co medioambiente e coa saúde.
A profundización dun mercado liberal onde as políticas cómplices dos gobernos apoian ás multinacionais da industria e da distribución agroalimentaria están levando á ruína a miles de explotacións ó redor do mundo e ou mantendo na pobreza e a explotación a miles de persoas.
Ademáis de favorecer alimentos pouco saudables e a degradación medioambiental en prol dos grandes beneficios coa repercusión que ten na saúde das persoas.
Nestes momentos, as institucións europeas, estatais e autonómicas están inmersas no proceso de debate para a reforma da política agraria común (PAC). É un bo momento para poñer as bases para inverter a situación e poñer en marcha unha nova no marco da Soberanía Alimentaria.
O Comercio Xusto garante un prezo estable aos grupos produtores e superior ao do mercado, que non se produce explotación laboral de nenos e nenas. O salario e as condicións laborais son equitativos para os traballadores e traballadoras, e poténciase a participación da muller nos órganos de decisión; e as técnicas de produción son ecolóxicas, non se empregan sustancias sintéticas ou transxénicas. Deste xeito, respéctanse os ciclos da terra e a sostibilidade do
ambiente.
ACTIVIDADES
MERCADO TRANSPARENTE
Ofreceranse produtos locais e de comercio xusto
Domingo 13 de maio. Praza de Abastos
Hora: 11:00-14:00 horas
MESA REDONDA: “Soberanía alimentaria. Multinacionais da alimentación frente a comercio local”
Hora: 13:00 horas
Participan: Amarante, Sindicato Labrego, produtoras locais e outros colectivos. Aberta á participación a calquera persoa interesada no tema.
OBRADOIRO DE HIP HOP: “Comercio de armas. Cultura de Paz.” Ás 11:30 horas.
CONFERENCIAS
Martes 15 de Maio na Casa das Letras.
Conferencia: “A Política Agraria Común”, co Sindicato Labrego Galego
Hora: 20:30
Mércores, 16 de Maio na Casa das Letras.
Conferencia: “As finanzas éticas”. Marta Rodríguez, FIARE GZ e Ramón Carmelo COOP57 GZ
Hora: ás 20:30
Ningún comentario:
Publicar un comentario