20120508

Ribadeo, onte: tres fotos desiguais

Onte leveime unha sorpresa. Facía tempo que non subía pola aduana vella e atopeime isto:

Como se ve, un graffitti métese mesmo nos vidros das fiestras. Hai máis noutro lateral. Subín pensando que é o que algunha xente entende por arte, o lugar do arte, ...
Na fin de semana houbo unha aproximación luar á Terra que foi a maior do ano e mesmo maior que a correspondente doutros anos próximos. Iso fixo que a influenza luar se deixara sentir máis, e onte había mareas que, captadas case no máis alto, sobre as seis da tarde, deron lugar as dúas fotos que poño a continuación, tomadas igual que a anterior por Goyi Gómez:
17:57

Os bloque vénse cubertos ata unha marca difícil de observar outro día, pois ademáis a presión estaba máis ben baixa. Cando comezou a baixar a marea, fíxoo de natural con moita velocidade, e levantouse vento do sur ...
18:07

En Mirasol dixeron na última obra que aplanaban o peirao, e así foi. De calquera xeito, vése na foto que a horizontalidade deixa que desexar.

3 comentarios:

Anónimo dixo...

É íncrible a influencia da lúa nos fluídos craneais dalgúns: aínda se fose bonito (ou reivindicativo).
Cantas lembranzas me traen esas fotos da Ría como unha balsa de aceite, noutro tempo serían motivo de gran alegría para aqueles que nos daba por aplicar a Lei da Palanca en forma de deporte.

Anónimo dixo...

¡¡¡¡encima é a parede Norte... a parede Norte animal... non a Sur!!!

¿¿¿ xa está a inundarse o "muelle novo" e todavía faltan por derretirse uns cantos kilómetros cúbicos de auga dos glaciares ??? parecen obras tan previsoras da catástrofe que se aveciña como as dispostas cada venres polo goberno Raxoy, que ordena unha animalada de cada vez, contra do bolsillo dos "miserables" por Decreto-lei, ata que un día nos "rebose a mollera" e se vai a enterar....

agremon dixo...

Tardei en interpretar o comentario do 'sur'. Entendo que se refire á parede da aduana vella onde aparece 'sur'. Mirando a orientación que ten, quen mirara de fronte por unha das fiestras desa parede, miraría entre E e ENE ...