20120531

Se xa o saben os nenos, se xa temos a tecnoloxía, ...

Se xa somos conscientes, se xa o movemento está en marcha, o mundo comeza a cambiar.
Do anterior pode resultar un sorriso, pero o mundo está a cambiar tódolos días, e a cuestión é facer que cambie nunha dirección e non en outra. Así, se tentan fastidiarte o día, por exemplo cando a primeira hora dunha mañá radiante de sol te pregunta 'con ive ou sen ive?' (en realidade, 'queres factura?') cando eres consciente do que significan os impostos, xa tes a posibilidade de enderezar un pouco a cousa: 'si, claro, quero factura, os teus fillos están sendo educados con fondos dos impostos'. Non creo que faiga falla engadir que en Ribadeo todo o ensino regulado recibe cartos dos impostos... 
Por iso podes saír logo á rúa e seguir a sorrir a pesar dos 500 € que sabes que te van impoñer a ti e a cada membro da túa familia como colaboración desinteresada a fondo perdido para 'salvar Bankia' (e claro, principalmente ós seus xefes con soldadas multimillonarias), porque hai moita xente que está non só disconforme, senón indignada (din que o 99%), e moita xente que irá cambiando o panorama (polo momento, suavemente, pacíficamente, pero ...).
Xente que está a crear conciencia, como a que se está a mover no 15M ou en accións concretas como contra as fumigacións aéreas con produtos perigosos. Xente que crea proxectos, como wikirating, unha axencia colaborativa de indexación de riscos sobre débeda, por agora en fase inicial, pero desenvoltándose tanto en funcións como en profundidade ou en importancia de xeito exponencial. Ou que procura outra economía, como a que crea goteo, para mantemento de proxectos por crowfunding. Ou que se manifesta de calquera xeito, como a nena de 12 anos que explica o problema dos cartos que non existen pero que serven para roubar á poboación, no seu caso do Canadá. Xente como perroflautas admirables que fixeron e fan a diario que o despectivo perroflautas pase a ser mesmo laudatorio. 
Xente, a secas, que ten en fronte unha mini minoría de aproveitados ladróns corruptores ou corruptos.

Ningún comentario: