Petición denegada?
Ó mellor pediuse tan baixo que non houbo lugar á escoita.
De feito, non teño constancia que dendeo o concello se pedira dende hai máis dun lustro.
Si pola cidadanía, e as sinaturas presentadas polo Tesón hai ano e medio, a foto cos políticos que (inxenuos) pensábamos que apoiarían a cuestion, a viaxe do Presidente da asociación a Madrid, a súa procura de datos históricos ... e logo, documentos posteriores amosan que si está pedido e á vista de que se fai pouco ruído a contestación está clara (polo momento)
E, nestas, a reforma da planta xudicial.
As condicións previstas: máis de 100 000 habitantes e 8 xulgados por distrito/termo xudicial. Persoalmente, coido que é algo que perxudica a Galicia en conxunto, debuxado dende Madrid, unha cidade con máis de 3 000 000 de habitantes, máis que Galicia enteira, cunha extensión pouco maior que o termo municipal de Ribadeo. Pero iso é, en tal caso, para outro día.
Traen hoxe os xornais que Mondoñedo treme pola desaparición dos seus xulgados. Mais, un pouco de análise dende a perspectiva de Ribadeo: A zona norte de Lugo contan que quedará moi posiblemente como un partido xudicial. Incluíndo os actuais termos xudiciais de Viveiro, Mondoñedo e Vilalba, ten máis de 100 000 habitantes (poucos máis, pero ...) e só 6 xulgados. Se o que se procura é unha concentración de partidos xudiciais para 'unha mellor función administrativa', pero non de xulgados (sobre o que non teño constancia de que se dixera ren), entón, para unha distribución xusta, habería que crear algún novo xulgado.
así as cousas, non sería o momento propio para que o goberno municipal reclamara a creación dun xulgado en Ribadeo? A proposta e o apoio, téñenno. A historia, tamén. A intención ...
2 comentarios:
Ribadeo nunca estivo en cotas tan baixas de representativade... e a corporación municipal non conta para nada... incluída a alcaldía, so para ir os plenos, que é o que renta para tomar os viños a conta dos impostos do pobo.
Home, eu non diría que 'nunca' ...
Publicar un comentario