20120628

1000 €, 300000 € e outras nimiedades

Collo un suplemento de xornal do pasado domingo e atópome con dúas cifras:
1.os estudantes da universidade española son 1 650 000 no curso que remata.
2.o goberno espera aforrar 1 700 M€ coa suba de taxas.
Xuntamos as dúas cifras e atopamos a primeira parte do título: 1 000 € máis de matrícula por estudante. Ben, o anterior é redondeando, pois habería que descontar a porcentaxe das privadas, que non atopei no artigo nin procurei máis, pero que por lembranzas anteriores, debe andar algo superior ó 10%, o que levaría a cousa a unha suba media de taxas de algo máis de 1 100 € por cada estudante. Tendo en conta que a media de matrícula este ano foi algo inferior ós 1 000 €, para o próximo duplicarase (e algo máis).
A segunda cifra. Onte tiven un pequeno intercambio jocoso cun portugués a conta do fútbol. Dende o meu nulo coñecemento futbolero, lembrei que vira por algures que España levaba marcado abondos goles na eurocopa, o que me serviu para saír do paso folgadamente. A estas alturas xa podía ter un argumento máis contundente: no partido España-Portugal, ganou España. O que deixa a falta dun partido a prima. Neste caso non de risco, alomenos para os xogadores, senón de (creo lembrar) 300 000 € para cada un. Prima que pola rede se suxeriu que fora doada, xa que todos somos 'la roja', para o país. Moito me temo que non vai ser así, e que, conveniencia da prima ou non, eficacia ou non, etc, en caso de ganancia fronte a ¿Alemaña? a prima cotizará ó 1% ou semellante, primados os impostos só das primas a custo da matrícula de máis dun millar de estudantes universitarios.
Onte tamén foi noticia unha nova relacionada coa pasta: un desahucio en Oviedo, que estaba avisado polas redes sociais relaciondas co 15M na zona. Foi unha das minucias. Outra, que o Banco de España deu conta de que a contracción está acelerándose, algo polo demáis avisado para estas situacións e estratexias dende o coñecemento dos rescates condicionados do Banco Mundial de hai moitos anos xa. A outra que parece algo bondadosa e coido que non o é: Europa non será un 'acreedor preferente'. Iso significa que vai cobrar, pero que antes aínda quere que se pague a outros ...
Outros números aínda ocúltanse detrás do que se podería chamar argumentos pero non o son. Aí está a proposta de cambiar a lei do tabaco para favorecer ó macrocasino que a conta de prometer unha entrada importante de cartos ameaza con rematar de facer a España un país parello en comportamentos corruptos a ... á Cuba de Batista?.
Nimiedades que abocan a un cambio social acelerado, e se ben a dirección final está por determinar (tamén poideran ser direccións deiversas), fai emerxer novas iniciativas en tódolos campos, e a promesa de máis implicación da cidadanía na construcción dun futuro para todos.

Ningún comentario: