Difundir as actividades que hai en Ribadeo non é doado: o doado é que se escape algunha. Despois do concerto de percusión do Pera e a homenaxe a Baixeras, esta semana hai/houbo un encerro (luns), unha manifestación (hoxe ás 11:30), unha charla de explicación de política do goberno do estado (onte), camiñata da terceira idade (este domingo), presentación do primeiro libro de Sergio Irigoyen (sábado na Casa das Letras ás 20:00), representación de Citizen a cargo de Chévere (domingo ás 20:30 no Hernán Naval), xuntanza do club de letura (mañá ás 20:30 na Casa das Letras), charla sobre pesticidas e saúde o venres na Casa do Mar (a lembrar a actual crise do fluxenoxurón/Cascade), ... mentras remata a atención ó pxom (hoxe mesmo, alomenos en teoría). Ah!, e aínda que non sexa en Ribadeo, coido que hai unha copa a nivel europa que comeza venres!
Moita actividade prevista. Pásase pola cabeza (aínda que sei que non é así) se non será, a pesares das accións de protesta, para esquecer a situación diaria, como cando se vai ó cine/se ven películas ó esquecerse da situación. Queda o consolo que ese ir ó cine para esquecer foi a orixe de Bollywood, unha industria que hoxe factura tanto como Hollywood ...
Por certo, hoxe comezou nubrado, e coas novas económicas facendo saltar chispas no extranxeiro mentras que aquí a base das malas novas dosificadas (non só os venres que anunciou Rajoy) a xente parece estar medio anestesiada, aínda con Bankia, Dívar ou o paro rampante. Quizáis conviña lembrar que onte, con magnífico comezo de día en Ribadeo, acabou chovendo e xerando as novas que hoxe saen nos xornais... De calquera xeito, comece como comece o día, non quita que se vexa con aprensión e que sexa difícil loitar contra ela, sendo por contra máis necesaria a loita que noutros momentos máis tranquilos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario