20120621

Finanzas públicas: para aforrar en Ribadeo

Remato de ver unha nova sobre un 'pequeno' aforro nunha cidade. Trátase de Múnich, que aforra uns 4 M€/ano ó mudar ó software libre. En Ribadeo hai tempo que se lle ten proposto ó concello que faga a muda, tendo o aforro como unha das cousas a contemplar. Parece que é moi complicado o que nunha cidade se ten feito pouco a pouco. Claro que é unha cidade alemana, agora tan de referencia por estes lares, e entre outras cousas, alí dan emprego a traballadores na propia comunidade para postos que poden aportar valor no presente e futuro, mentras que aquí fálase de ir cubrindo postos teñan ou non rendemento. Vénme á cabeza o emprego dos cartos do 'Plan E', a parte de para carteis anunciadores dos mesmos; en Ribadeo, para asfaltado e ... e nada máis. É dicir mantemento de infrastruturas que non se é capaz de manter, despois dunha época de bonanza onde o que se procuraba era construír sen ver se se podían ou non manter, e que xeraron ... o que xeraron. E a mentalidade seguiu sendo parella, e coido que segue.
Mentras, a nivel estatal, este ano non haberá debate sobre o estado da nación. Ou sexa, entre recortar gastos, que o debate costa moito, e o 'para que, se estamos feitos uns zorros?' A ficción democrática cada vez importa menos.

2 comentarios:

marinho68 dixo...

Parece increíble que a estas alturas non se esté a trabalhar nas mudanzas cara o software libre. As administracións públicas terían que ser as primeiras en ser a punta de lanza.

Hoxe en día, non creo que exista alguén que dubide ou ponha un "contra" cara estas ferramentas. Son de todos e para todos.

3 preguntas:
-Canto paga Ribadeo (ou admóns.) polas licenzas Windows deste concelho?
-Tense falado en serio sobre a NECESIDADE de facer a mudanza?
-Que dixeron dende o concelho?

agremon dixo...

Coido que nunca se lle presentou por escrito. Unha cousa é darlle a idea e outra poñer sobre a mesa un plan e un orzamento. eu podo facer o primeiro, pero o segundo non. Alomenos, por agora.