Despois das varias veces que José Mª Rodríguez leva mantido no candeleiro o tema (por exemplo, aquí, aquí ou aquí), hoxe por fin aparece nos xornais que se está a recuperar algunha das pezas de arte retiradas das igrexas os dous anos pasados, período que coincide co da estancia na zona dunha persoa que ten marchado con polémica e actitudes non moi construtivas. É de supoñer que nos próximos días se irá coñecendo algo máis, pois as pezas aínda desaparecidas así o xustifican.
Máis: recollendo outro artigo de José Mª.
1 comentario:
A igrexa non abandoa os vellos hábitos de esconder as suas miserias. Segue a dicir que pensa presentar unha denuncia no xulgado. Pero, de momento, só o fixo a policía autonómica, de oficio e porque parece que atopou señais de delito, condición sine qua non para presentar denuncia.
É lamentable que deixasen pasar 6 meses sen denunciar, pois así facilitaron que moitos dos artigos ruebados desaparecesen para sempre.
Publicar un comentario