A práctica toalidade de medios informativos que chegan a Ribadeo
fánno en castelán. O titular debe tomarse entón como un ripio nunha
traslación doutro (titular e posible ripio) correspondente a un medio
ficticio falando sobre as eleccións gregas. Como complemento, dúas
ligazóns a un par de blogs -non ficticios- con entradas relacionada. Un,
sobre o programa do que se deu en chamar 'partido de esquerda radical grega', Syriza. O outro, sobre a percepción de democracia mediatizada en relación coas eleccións gregas.
Ó
resultado da para pensar moito, se se quere facer. Comezando pola perda
de votos dos partidos tradicionais xa nas pasadas eleccións
lexislativas gregas, o martilleo de novas para dirixir o voto,
escorrentándoo de certas liñas políticas xa que non se podía facer
plausiblemente carretándoo para as outras, furtando o debate sobre o
secuestro da vontade popular dende a imposición da UE-FMI-BCE ou mesmo o
considerar todo xa atado e ben atado cando se falan de porcentaxes -datos de El País-
de menos do 30% da dereita 'tradicional' Nueva Democracia (129
escanos, ó coller os 50 + de 'prima' ó partido máis votado, algo moi 'democrático'); de case o 27% de Syriza (71); algo máis do 12% do Pasok (33);
7% Gregos Independentes (20); 7% Aurora Dorada (18); 6% Esquerda
Democrática (17), onde as vellas forzas políticas 'máis centradas'
terían que pactar para facerse cunha cómoda maioría (a maioría está en
151 escanos).
Quedan fóra case de escea a vitoria sobrada de
maioría dos socialistas franceses nas lexislativas do seu país (unhas 5
veces máis poboación e 10 producción), ou as presidenciacias exipcias,
con máis poboación aínda, pero con menor porducción que Francia, que
culminan polo momento un proceso que se deu en chamar revolucionario e
no que o candidato relixioso mellor posicionado foi o que chegou á meta
aproveitando unha revolución da que o motivo non foi a relixión.
Tamén
queda fóra de escea polo momento, e de xeito sorprendente, que o
parlamento grego, isto é, dun país coa quinta parte da poboación que
España, teña 300 representantes, abondo máis per cápita que por estes
lares (non tanto se se suman os autonómicos ó Congreso e Senado).
Tampouco
se di moito de que Merkel lles pase a man polo lombo ós gregos despois
das eleccións dicindo algo así como que se lles pode dulcificar algo o
próximo futuro -pero sen arriscar nada concreto-.
En fin, unhas eleccións máis. E quede aí o conto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario