20120615

Xornal dixital Porta Norte

Onte asistín a unha pequena xuntanza. Tivera orixe en internet días antes, artellando unha idea cun pequeno desenrolo pero posibilidades de gran potencial: a creación dun xornal dixital en Ribadedo.
Asistín máis que participei. Fago a distinción porque o mesmo que había máis xente na lista da que participou ó final, o compromiso dos que alí estabamos marcou unha diferenza que me deixou nun segundo plano.
Tivo orixe en internet? As ideas teñen orixe nas testas, non en internet. Pero internet pode ser o medio tanto de que as testas cheguen a ter algunhas ideas como para o seu posterior desenvolvemento. Fai falta moito tempo para desenvoltar unha idea? Depende, pero en colaboración a cousa pode desenvoltarse máis rápido. É máis, quen da acubillo ás ideas, polo desenvolvemento colaborativo pode pasar nun tempo máis curto de ser un inexperto nun grupo heteroxéneo a ser experto dentro dun equipo de expertos. E algo así se lle pode augurar á iniciativa que agora comento, que hai un par de días non tiña máis que unha idea medio borrosa de obxectivo, algúns bocetos de logotipo e varios posbiles nomes. Hoxe os obxectivos están claros, o que non quere dicir que non podan sufrir mutación posterior. O nome está no título deste post e o logotipo foi elexido. Pero tamén a perioricidade, semanal, o esbozo da difusión na rede e fóra dela, as seccións e a súa definición, os encargados das mesmas seccións, os contactos primeiros para botar a andar, o formato, ...
Pequeno desenrolo, gran potencial ... o potencial está sempre aí, pero se non se chega a un desenvolvemento adecuado a tempo, o mesmo potencial pode ser adxudicado a outros desenrolos. Aquí, o de 'pequeno' era antes da xuntanza de onte. Coido que alí púxose pé noutro escalón, achegando posibilidades a potencial. Quizáis deba aclarar dúas cousas. A primeira, que a mesma mañá contactaron comigo outras xentes para tentar (elas) facer unha web cunha idea ata certo punto parecida, máis precisa pero máis reducida, o que da idea de que 'nicho' para estas cousas háino e a xente estáse a decatar. A segunda, que aínda que na actualidade existe un medio semanal en papel, a Comarca, que se a idea en internet funciona se vai a ver afectado, o novo medio non pode verse como competencia directa do anterior, senón máis ben indirecta, ó corresponder a soportes diferentes, obxectivos entendo que diversos ou posibilidades futuras tamén sen relación.
Ben, polo momento, aínda queda algún recorrido temporal ata que a idea se poña en marcha. Non moito, a dinamicidade da xente nova que está detrás así o augura.

2 comentarios:

Enrique Sampedro Miranda dixo...

Pois sen coňecer os detalles da iniciativa, nin o entusiasmo dos participantes, tamén lle vexo moito potencial á idea. O éxito dependerá da capacidade de colaboración para levalo á práctica, o famoso e tan de moda "crowdsourcing".

Ángel de Olavide dixo...

Apuesto desde hace mucho por el desarrollo de los medios locales en Internet. Por supuesto buscando siempre un encaje entre objetivos y recursos. Ya existen muchas experiencias y todas ellas vienen a indicar que los proyectos tienen que nacer con mucha modestia y basados en recursos propios. Es muy dificl no digo hacer negocio con esto, incluso a veces poder mantener los gastos se hace cuesta arriba. Por cierto que no entiendo lo de periodicidad semanal, eso no tiene sentido en la red pues la renovación de contenidos debe ser constante. Sigo la aventura de Crónica 3 y me ha parecido siempre un medio muy logrado y conseguido, posiblemente con poco juego de red entre creadores y seguidores, cosa esta definitivamente vital. En cualquier caso me gustaría apoyar el proceso de alguna forma en la medida de mis posibilidades por lo que podeis contar conmigo. Ánimo en la construcción del proyecto. Y en cuanto a lo de la Comarca, no creo que sea necesario tener ni consideración ni referencia, por supuesto que tampoco lo contrario, a tal producto. En alguna otra ocasión creo haberme manifestado a propósito de ese medio por lo que me abstengo de comentar mas sobre ello.

Ánimo, pues en cualquier caso el proyecto es divertido y eso no te lo quitará nadie....