Onte deixei o blog sen entrada. Houbo notas nos xornais sobre acontecemento do día, mesmo aproveitando un especial na Voz, e tamén algunha cousa (relativamente menos)
en internet.
En Ribadeando fixen alusión hai varios días. E volta a facela agora: nin unha soa lembranza institucional para unha obra que para ben e para mal cambiou o desenvolverse de toda a zona. Para ben e para mal. Una vez superado aquelo de 'ponte para que? Xa o hai na Veiga' e algunha que outra oposición á totalidade, cabe mirar as cousas máis friamente e lembrar non só o positivo (que está á vista) senón tamén o negativo, que resulta menos visible pola magnitude da parte positiva e a falta de visión de que podería haber o positivo sen que o negativo tivera lugar. Por exemplo, que xa se falou naquel momento de facer un dobre carril (que houbo que facer despois para a autovía) e, sobre todo, de darlle un vano maior. O ser a primeira construída con certas características ocultou a proposta dunha ponte atirantada que, din, podería ser máis barata a máis de permitir facilmente unha altura maior no centro ou sinxelamente de aumentar a lonxitude de columna. Calquera das dúas opcións deixaría que na ría de Ribadeo poideran entrar e saír barcos de máis porte que os que na actualidade o frecuentan (a lembrar un par de casos de barcos saídos de Gondán que tiveron que rematarse fóra da ría pola cuestión do 'calado aéreo', da lonxitude de antenas ou mastros, da construcción en si do buque. É dicir, outra ponte foi posible.
Deixo abaixo unha deformación dunha imaxe da ponte dos Santos con Ribadeo ó fondo, onde por acortamento, vénse un pouco mellor as ondas que fai a súa superficie despois da ampliación (non era un día quente, no que se notaría aínda máis)
Precisamente a conto dun artigo da semana pasada na Comarca, no Tesón estamos reemprendendo unha idea vella: a ver se se fai algunha charla enfocando diversos aspectos da ponte, aínda que non sexa 'agora mesmo'
E, si, onte foi o Enma Cuevo: Sporting de Xixón 4, Depor 1.
-
Unha apostilla posterior, o
noticiario da galega.
Ningún comentario:
Publicar un comentario