20120705

As dúas caras da moeda

Traballo si, defensa de Alcoa. Ven sendo unha consigna que se materializará mañá nunha manifestación. E si, a necesidade de traballo tal como se enfoca a sociedade é evidente. A defensa de Alcoa, xa non tanto. E é que, aínda que nos toque máis de preto, voltamos a un secuestrar ós obreiros para beneficiar a quenes non son obreiros, esquecendo outras cousas. Cousas que nos lembra o blog dibujando el camino nunha netrada recente. E claro, ás que habería que aumentar que se se lle rebaixa a tarifa eléctrica a Alcoa, xusto despois de subila de xieto xeral en España, quen vai pagar a rebaixa da que se beneficiarán os accionaistas de Alcoa nos EEUU? Enténdase que o que se pretende facer, unha vez máis, é que paguemos por traballar. Hai uns días un comentario en internet apuntaba que se pretencía que se traballara de moca (cousa xa proposta para algún traballo concreto). Máis entendo que iso quedou xa superado despois das subvencións dadas nalgúns casos, que implican o pagar por traballar. Si, a situación non é doada, 'é o que hai'. Pero as solucións dubido que pasen por esquecer o que está mal para poñelo peor a curto prazo.Traballo si, alomenos mentras non cambien moitas cousas na sociedade, que aínda tardarán e moi posiblemente non chegue a ver moitas delas, pero de aí á defensa de Alcoa, en bruto ....

Ningún comentario: