20120707

Ecos do Finisterre

A traverso de Ángel Alda chego a unha entrada noutro blog sobre Martín Sarmiento e o pensamento de usar Finisterre como orixe de lonxitudes terrestres. Interesante tema na historia da ciencia en relación coas nosas posibilidades materiais, que me leva a ligalo tanto co empeño de hai algún tempo de variar a hora legal en Galicia como co tema do fin e da substancia do camiño xacobeo. Dous temas dos que teño falado longo outras veces, e que coido encaixan. O primeiro, o da hora legal, leva un camiño parecido ó da referencia de Finisterre como lonxitude 0º que preconizaba frei Martín, e por razóns que intúo parellas: o pouco peso político-económico-social-administrativo do noroeste peninsular no conxunto da península dende hai moito tempo. O segundo, relacionado coa desestruturación da terra, os mitos, o aproveitamento particular e a falta de interese xeral, fai que miremos ó longo do tempo como o camiño xacobeo constrúese en función dun mito, aproveítase para vertebrar unha idea política e relixiosa, muta de diversos xeitos ata a idea económica co verniz tamen de construcción europea e esquece ó tempo o que sería a súa continuación natural en todos os sentidos anteriores ata Finisterre, o lugar onde a terra se apaga coa luz de occidente.
O dito, daría para moito máis que para unha entrada sinxela dun blog sinxelo.

Ningún comentario: