É dicir, xa é oficial que o próximo curso haberá o Instituto de Educación Secundaria de Ribadeo, polo momento sen máis nome e sendo de esperar que aínda se lle tarde en asignar un un certo tempo. Facelo doutro xeito sería ben esquecer unha parte da historia de Ribadeo, por un nome novo, ben dar preeminencia a un dos nomes anteriores, cousas ambas que coido desaconsellables.
Primeiro, corto e pego a historia do de vida máis longa dos que se fusionan, o IES Dionisio Gamallo Fierros:
Anos 20:
Créase en Ribadeo o primeiro Instituto de Ensino Secundario. Pechou ó rematar a guerra.1955:
Inicia a súa actividade o actual Instituto, sendo Dionisio Gamallo Fierros o primeiro director. En principio as clases eran na casa do óptico, por non contar con edificio propio.1958
Inaugurouse o actual edificio. Ó acto asistiu Francisco Franco, como quedou recollido na prensa da época.
"El Jefe del Estado, con su esposa y demás miembros de la comitiva, fue recibido en el Instituto Laboral por el Director del mismo, D. Dionisio Gamallo Fierros, y el Claustro de Profesores.
"En el vestíbulo del nuevo edificio se había levantado un altar, en el cual se revistió con los ornamentos litúrgicos el Prelado de la Diócesis, Dr. Argaya Goicoechea, que procedió a la bendición del Instituto.
"A continuación, el Caudillo, acompañado de su esposa, del Ministro de Educación Nacional y del Director del Centro, visitó las dependencias de éste, interesándose por su funcionamiento y examinando detenidamente el material pedagógico y científico de que dispone, y escuchando las explicaciones dadas por el Ministro."Terminada la visita, el Jefe del Estado expresó su complacencia por las nuevas instalaciones del Instituto Laboral, trasladándose luego, con la misma solemnidad que a la llegada, al Parador de Turismo."Las características del nuevo edificio del Instituto de Enseñanza Media Profesional de Ribadeo, son las siguientes:"Ha sido construído a la salida de la villa, en la margen izquierda de la carretera de Asturias a Galicia. Sencillo de líneas y armonioso en el conjunto, el proyecto se ha debido al Arquitecto del Ministerio de Educación Nacional, D. Francisco Navarro Borrás."Consta la edificación de cuatro plantas. La baja mide 1.400 metros cuadrados, destinados a salón de actos, patio cubierto para recreo, oficinas, talleres de diversas actividades, etc. La planta primera mide 820 metros cuadrados, y en ella están el vestíbulo, el anfiteatro, la capilla y cinco aulas, de 60 metros cuadrados cada una."La segunda planta mide 680 metros cuadrados, y en la que se han instalado el local del Frente de Juventudes, bar, cocina, salas de dibujo y laboratorios. La última planta se destina a almacenes y una torreta, donde se han colocado aparatos para observaciones meteorológicas."El edificio tiene capacidad para dar en él enseñanza a numerosos alumnos, y todas las instalaciones y servicios han sido adecuados a la función a que se destinan, no sólo para su utilización en la actualidad, sino para que en el Instituto puedan recibir enseñanzas numerosos alumnos en años futuros".Revista Lucus, Excma. Deputación Provincial, nº 3, decembro de 1958, páxs. 11-13.
1963:Déuselle o nome de "Instituto Laboral Carlos Mª Rodríguez de Valcárcel"
O Instituto pasa a ser mixto. Ata esa data só asistía alumnado masculino.Curso 1966-67:
Implántase o Bacharelato Superior.1967:
Créase un Colexio Menor. Os alumnos residían nas vivendas anexas ó centro.Curso 1975-76:
Implántase o Bacharelato Elemental nocturno.
Extinguido o vello plan de Bacharelato, comeza a impartirse o BUP.Curso 1998-99:
Pasa a impartirse un Ciclo Superior de Animación Sociocultural.2000:
Intégrase o Centro Dámaso Alonso, ata entón independente, e dedicado á educación permanente de adultos.
Empeza a impartirse a ESO
O IES nº 1 pasa a denominarse IES Dionisio Gamallo Fierros.Curso 2001-02:
Empeza a impartirse un Ciclo Superior de Educación Infantil e un Programa de Garantía social de Auxiliar de Puericultura.E logo, a do Porta da Auga:
A historia do centro comezou o 23 de agosto de 1975
cando polo decreto 2490/1975 se creou o Centro de Formación Profesional
de 1º e 2º grao de Ribadeo. Isto aparece publicado no B.O.E nº 254 con
data do 23 de outubro de 1975 asinado aínda por Francisco Franco e sendo ministro de Educación e Ciencia Cruz Martínez Esteruelas.
No B.O.E. do 31 de decembro de 1975 por Orde do 9 de decembro dese mesmo ano faise público que o seu funcionamento comeza en novembro de 1975.
Impartiranse as ensinanzas da:
- Rama Administrativa e Comercial, profesión Administrativa.
- Rama Electricidade e Electrónica, profesión Electricidade.
- Rama do Metal, profesión Mecánica
Segundo esta mesma Orde o cadro de persoal do centro será o seguinte:
- Un profesor da Área Formativa Común.
- Un profesor da Área de Ciencias Aplicadas.
- Un profesor de Expresión Gráfica.
- Un profesor de Idiomas.
- Un Profesor de Tecnoloxía para cada profesión concedida.
- Un profesor de Relixión.
- Un profesor de Formación Cívico-Social e Política.
- Un profesor de Educación Físico –Deportiva.
- Un mestre de Taller ou profesor de Prácticas por cada profesión concedida.
O cadro de persoal administrativo conforme o B.O.E. anteriormente citado estaría composto por:
- Un oficial e un auxiliar.
E o de persoal subalterno por:
- Tres ordenanzas
- Tres serventes de limpeza.
Por orde do 2 de decembro de 1975
adscríbese provisionalmente ó Instituto de Formación Profesional de
Ribadeo o seguinte profesorado docente con efectos do comezo do curso
escolar 75-76, aínda que moitos deles non chegaron a impartir clase no
centro:
- D. Alberto Mediavilla Martínez
- D. José Benito Santana Gutiérrez
- D. Jesús Fermín Rodríguez Pérez
- D. Mario López Durá
- D. Leonardo Díaz Sedano
- D. José González de Sela Torres
O 16 de febreiro de 1976, e co
obxecto de non demorar o comezo das clases como Instituto de Formación
Profesional, o Delegado do Ministerio de Educación decide que,
provisionalmente, José Benito Santana Gutiérrez , organice a iniciación
das actividades docentes. O 31 de marzo de 1976 o director en funcións
comunica ó Delegado provincial de Educación e Ciencia o horario semanal
dalgúns dos profesores do centro:
- Formación do Espírito Nacional
- Dª Antonia Lazurtegui Cuervo.............................4h.
- Ensinanzas do Fogar.
- Dª Fernanda González de Sela Torres................2h.
- Educación Física.
- DªCarmen Gómez Montero...................................3h.
- Educación Fisica
- D. Francisco López Castro ..................................3h.
- Relixión
- D. José Yáñez Basanta.........................................4h.
O 19 de abril de 1976 autorizase a contratación do seguinte persoal docente para o curso 76-77: Juana Mª Guzmán Suárez , Mª del Pilar Moro Fernández e Jesús Eugenio García García , aínda que xa desde febreiro impartiron clase neste Instituto.
O 6 de outubro de 1976 comunícase ó director do centro que durante o curso académico 76-77 Juan Ignacio García Cernuda
, impartirá as ensinanzas de Educación Física e Deportiva que,
anecdoticamente, naquel momento tivo que compartir coas de Formación
Cívico-Social e Política.
O 8 de febreiro de 1977 asígnase en Madrid o primeiro director ó Instituto de Formación Profesional de Ribadeo, Jesús Eugenio García García, proposto para este cargo polo claustro de profesores.
O 23 de marzo de 1977 asínase en Madrid o nomeamento da primeira secretaria do centro, Mª del Pilar Moro Fernández , e ó día seguinte noméase como primeira xefa de estudios do Instituto de Formación Profesional de Ribadeo a Juana Mª Guzmán Suárez . Na actualidade estas dúas profesoras continúan exercendo o seu labor docente no centro.
Con entrada do 6 de maio de 1977 chega ó centro o contrato das serventes de limpeza: Carmen Santos Amor , Antonia Amor López e Elvira Saavedra Peña , aínda que tamén se aclara nun documento anterior que deben constar con este cargo desde o 1 de outubro de 1976.
O 1 de maio de 1977 é asinado o contrato da primeira auxiliar da rama administrativa que traballa no centro, Mª Victoria García Reigada , que aínda hoxe continúa realizando os labores administrativos e que despois seguiu a súa formación neste mesmo instituto.
A entrada no rexistro do centro
data do 20 de setembro xunto co primeiro contrato de persoal subalterno
no que figura para este cargo Manuela Cancio Díaz, que realizou labores de administrativa ata a incorporación de Victoria.
Polo que respecta a solicitudes de axuda ó estudio, as primeiras do centro foron as presentadas no curso 76/77 por Elva Fernández Rodriguez e Mª Victoria García Reigada, actual administrativa do centro.
En canto ó material escolar a
primeira orde de distribución rexistrada no arquivo do Instituto é do 31
de maio de 1976 e nela adxudícanse ó centro:
- 1 armario A-1
- 40 cadeiras xiratorias.
- 40 máquinas de escribir.
- 40 mesas de máquina de escribir.
- 1 calculadora.
- 1 fotocopiadora.
Na orde do 3 de novembro de 1976 asígnase ó centro unha mesa de profesor e un sillón.
O 2 de xullo de 1977 realizouse o
primeiro inventario de material do centro, que estaba composto polo
citado nas dúas ordes de districución anteriores e polo seguinte
prestado polo I.N.E.M:
- 70 pupitres.
- 70 cadeiras.
- 3 mesas de profesor
- 2 sillóns .
- 2 mesas de oficina.
- 2 cadeiras de oficina.
- 1 máquina de carro grande.
- 1 percha.
Posteriormente chegaría ó centro por orde de distribución do 1 de xullo de 1977 o seguinte material:
- 1 xogo de ciceis e burís.
- 4 tesoiras para cortar chapa de 8”.
- 1 armario con peche de persianas e equipo de ferramentas para electricista.
- 40 equipos de ferramentas mecánicas para alumno.
Cómpre destaca-lo orzamento co
que o centro contaba para o primeiro , segundo e terceiro trimestre de
1976 que ascendeu a un total de 192.000 pts .
O 15 de novembro de 1977 o
director do centro comunica ó delegado privincial de Educación e Ciencia
de Lugo que o terreo onde está ubicado o centro ten unha superficie de
2.800m2 dos cales 286 corresponden ó inmoble, 500 ó patio frontal e
quedan libres 1961m2 de superficie libre edificable e solicita a
construcción dun taller de electricidade, de talleres de mecánica, a
colocación de calefacción central(pois só se contaba con catro estufas
de butano do instituto de ensino medio que tiveran que ser devoltas por
necesidades do I.N.E.M) e o cambio da instalación eléctrica que era moi
antiga e bifásica, Naquel curso aínda se impartían as clases na antiga
Casa do Óptico con enderezo no Xardín, en Ribadeo.
O centro foi medrando e construíuse o novo edificio no que está ubicado desde o curso académico 1981-82.
Nestas dúas fotos pódese
observar o aspecto das partes anterior e posterior do novo edificio no
mesmo ano da súa inauguración (bueno, a verdade é que non houbo ningún
acto oficial de inauguración).
|
No
terreo baldío que vemos nesta foto actualmente atópase o polideportivo e
o edificio que alberga os talleres de electricidade e aula do
Bacharelato de Tecnoloxía.
|
O mesmo tempo tamén se foi
incrementando a oferta de especialidades de Formación Profesional,
empezouse a impartir a ESO de forma anticipada, sendo un dos primeiros
centros de Galicia en incorporar estas ensinanzas, e a continuación
chegaron os Bacharelatos, tamén de forma anticipada.
Ano
|
Ensinanzas implantadas
|
1975-76
|
FP1 Administrativo
|
1977-78
|
FP2 Administrativo
FP1 Electricidade |
1979-80
|
FP2 Electricidade
|
1981-82
|
FP1 Automoción
|
1983-84
|
FP2 Automoción
|
1984-85
|
FP1 Sanitaria
|
1987-88
|
FP2 Anatomía Patolóxica
|
1992-93
|
3º E.S.O.
|
1994-95
|
Bacharelatode Humanidades e Ciencias Sociais
Bacharelato de Tecnoloxía |
1995-96
|
CFGM Electromecánica de Vehículos
CGFM Equipos e Instalacións Electrotécnicas |
1996-97
|
CFGS Administración
CFGS Automoción |
1997-98
|
CFGM Coidados Auxiliares de Enfermería
CFGM Xestión Administrativa |
1998-99
|
Prog. Gar. Social: Axudante de Operacións de Carrocería do Vehículo
|
1999-00
|
Último ano de Anatomía Patolóxica e do
CFGM Coidados Auxiliares de Enfermería |
2000-01
|
Prog. Gar. Social: Dependente de comercio
|
2001-02
|
CFGM Acabados de construcción
(réxime nocturno) |
2002-03
|
CFGM Carrocería (réxime nocturno)
|
2003-04 |
Condición de Centro Integrado de Formación Profesional
|
2007-08
|
Primerio curso que funcionan desdobrados o IES e o Cento Integrado de Formación Profesional Porta da Auga
|
Con todas estas especialidades e
ciclos formativos o espacio dedicado a estas actividades tivo que ser
aumentado e foi en marzo de 1999 cando o conselleiro de Educación e
Ordenación Universitaria inaugurou novas instalacións. Completáronse con
dous novos bloques destinados a Electricidade e Electrónica e aula do
Bacharelato de Tecnoloxía - o primeiro- e a taller de Automoción -o
segundo-. As novas aulas contan cunha superficie de 605 metros cadrados e
a nave taller de 405m2. 0 investimento foi de 122.509.661 pesetas.
As novas especialidades e
reformas fixeron preciso a modificación da propia denominación do centro
xa que pasou de Instituto de Formación Profesional a Instituto de
Educación Secundaria e o 10 de febreiro de 1998 foi aprobado no Consello
Escolar o seu nome actual Porta da Auga.
As instalacións seguiron
aumentando e construiuse un pavillón de deportes cunha superficie de
1000 metros cadrados destinado a aula de Educación Física e patio de
recreo; no verán de 2001 fixéronse unha serie de reformas quedando novos
locais para Conserxería, Orientación, Secretaría, Recepción de pais,
Biblioteca, Salón de actos, así como un despacho independente para cada
membro do equipo directivo; durante o curso 2001/02 construiuse unha
nave para impartir as ensinanzas de Acabados de Construcción, de 240
metros cadrados, e no 2002/03 unha aula de Informática de 27 metros
cadrados e un despacho para o responsable de calidade.
No curso 2003-04 o IES Porta da
Auga pasou a ser o primeiro centro da provincia de Lugo en adquirir a
denominación de Centro Integrado de Formación Profesional, pasando a
impartir, ademais da ESO e Bacharelatos, tódalas modalidades da
Formación Profesional: reglada (Ciclos Formativos), ocupacional e
continua.
En setembro do 2006, mediante o Decreto
154/2006, do 7 de setembro (DOG do 18 de setembro e corrección de erros
no DOG do 22 de setembro), o centro desdóbrase en dous, por un lado o
propio IES Porta da Auga e por outro o Centro Integrado de Formación
Profesional Porta da Auga. A orde do 30 de novembro de 2006 (DOG do 2 de
xaneiro) autoriza a oferta educativa dos dous centros, quedando o IES
Porta da Auga coa ESO, Bacharelatos (modalidades de Tecnoloxía e
Humanidades e Ciencias Sociais), os ciclos formativos da familia
profesional de Administración (ciclo medio de Xestión Administrativa e
ciclos superior de Administración e Finanzas) e os programas de
garantía social (Axudante de operacións de carrozaría do vehículo,
dependente de comercio, operario de albanelería e instalador
electricista).
Ó longo destes anos de
implantación de novos estudios e reformas cómpre salientar aos máximos
responsables: os nosos directores, que co seu traballo e coa axuda dos
distintos equipos directivos e profesorado fixeron posible isto. Xa
mencionamos ao director que provisionalmente se encargou de comezar a
nosa andaina: José Benito Santana Gutiérrez. Logo dirixiu o centro Jesús Eugenio García García e os seguintes foron:
- Flor Núñez Sánchez
- Antonio Gregorio Montes
- Xose Antón Méndez López
- Luis Manuel Álvarez Martínez
- Álvaro Doural Leiras
- Alfonso Piñeiro Funcasta
Coa
nova oferta tamén aumentou considerablemente o número doutros dos
protagonistas desta historia, os alumnos e alumnas, que chegaron a ser
mais de 600 no curso 1996-97, como se aprecia no seguinte gráfico:
Ningún comentario:
Publicar un comentario