20120713

Que se jodan! (eles, non nós)

Descubro esta mañá unha entrada de comentario ás portadas dos xornais de onte, mentres a Terra segue a xirar sobre o seu eixe con normalidade a pesares das medidas tomadas. As persoas que habitamos nun lugar chamado España ó mello nolo tomamos doutro xeito que o conxunto terrestre, pero é algo que nos afecta a nós, e polo que parece, segundo a deputado Fabra na intervención de Rajoy ante a cámara, toca jodernos por imperativo legal (a nós, que non a eles, pois a exclamación está na terceira persoa do plural). Una anécdota que sería para rir por algunhas circunstancias (a imputación dentro da familia) se non fora por outras (a o contexto de medidas de crise e sofremento da poboación).
E, mentras a renglón seguido das medidas sube a prima de risco e baixa a bolsa, cun empeoramento das condicións económicas en xeral, enterámonos de que, en Portugal, as baixas de soldo selectivas para os traballadores públicos son declaradas inconstitucionais. Polo demáis, a situación pode ser hilarante en máis sentidos. Lembraba onte pola tarde charlando cun amigo o escoitado antonte á noite a traverso da televisión (non podo dicir onde era, nin quen era, máis que se trataba dunha entrevista nun bar). O tema era a repercusión do ive, e a pregunta debía ser contestada por unha dona dun bar. A conclusión da mesmá á pregunta do entrevistador ou entrevistadora foi meridiana e por iso se me quedou gravada no medio da atención a outra cousa: 'agora o café custa 1,20 e teremos que pasar a cobrar ... case 1,50'. A lembrar que o ive aumenta un 3%, mentras a 'suba' proposta implica un 25%. A este paso acabaremos por dicir que queremos, que queremos crise e o que nos veña enrriba. Sorte que outros comerciantes máis astutos xa anunciaron que 'non repercutirán' a suba do ive nos seus produtos (enténdese de golpe, claro). Nesta maraña, quizáis non veña mal lembrar algo 'de onte mesmo' sobre o roubo préstamo de apoio ós bancos que se mantivo na primavera. E así marcha o mundo ...
Mentras, aquí é nova a protesta porque as Catedrais non saia na guía dos dez puntos máis turísticos de Galicia segundo Turgalicia. A guía non leva ese título, pero o significado colleuse así, e a protesta aló vai. Coido lembrar que o desenvolvemento turístico de As Catedrais foi a partir dun artigo nunha revista de viaxes hai cousa de 15 anos ...
Claro que tamén se pode elixir outra versión política de novas ribadenses: o veto do alcalde a que a ribadense alcaldesa de Alicante, Sonia Castedo, en petición de desaforo para a súa imputación nun caso de corrupción, sexa a pregoeira das festas este ano.
Ben, para rematar, dicir que a gran pregunta: como logar que se cumpra a exclamación do título a favor noso? opino que non está ben formulada. A pesar da posible xenreira, e para dicilo cun símil gráficamente, do que se trataría non é de joder, senón de desfrutar facendo o amor.

1 comentario:

José Mª dixo...

Os que disfrutaban jodendo eran os diputados do Pp cando lle aplaudían a Rajoy os recortes contra do pobo.
Non entendo ó alcalde. Uns días compara a praia dos Carrizais coa galiña dos ovos douro da que di que a podemos deteriorar con tanta afluencia de xente; e por outra banda protesta porque a Xunta non a promove.
E con relación ós políticos decir que a crise non se resolve con recortes o pobo nin con adelgazar a estructura do Estado, senón con cambiala por outra. Os políticos son como un can que agarrou un bisté e retórcese para non soltalo cando llo queren quitar.