20120706

Variedade en Ribadeo

A variedade abre posibilidades, oportunidades, e desfrute. Dende a anécdota de que o coche podía ser de calquera cor, sempre que fóra negra dos comezos da Ford ata a camisa Mao do uniforme chino, a uniformidade sempres se usou, mesmo se impuxo, pero como paso mentras non se daba resposta á diversidade ou como imposición para evitala en función de determinados intereses. Parecería pois que a diversidade é en si boa, o que ven acompañado, por exemplo, das bondades da diversidade na ecoloxía. Así pois, con limitacións polas circunstancias de aplicación, viva a diversidade! Mais, queda a coletilla das circunstancias de aplicación: diversidade pódese considerar se catro condutores que se turnan a conducir nun mesmo coche queren ir a lugares diferentes ... e se cambian de ruta cada vez que hai un cambio de turno?
Voltando a Ribadeo, está a haber un montón de iniciativas que en principio enriquecen o panorama de posibilidades vitais en Ribadeo. Arte, cultura, deporte, ... Está xa un ano máis instalada fronte ó cantón a pequena pista de futbol 3, onte chegoume a nova de Ribadeo Eventos, unha web que pode ser moi interesante, ó pouco de publicar sobre a exposición de maquetas de barcos no forte, e competindo con outras dúas iniciativas que mencionei hai pouco tempo, o 'xornal dixital porta norte', co que colisiona en parte, e outra idea sen nome e á que lle perdín a pista últimamente. Aí está o festival de música clásica de Ribadeo, ou o 'son de mulleres' para o día 13, ó tempo que semana si, semana tamén, o Rockuncho ofrece música variada en vivo e potencia o son local, e mañá mesmo o Tren de Moebius ofrecerá nas illas piano, poesía e danza, anunciados por Sonda Norte., e pasado, domingo, tras as pegadas de 'La Barraca', representación dunha obra de Lope de Vega por un grupo de teatro universitario sevillano. Sonda Norte que parece hiperactiva instrumentalizando posibilidades en Ribadeo dun xeito creativo, como no tema das tapas ou na actual exposición de ilustración, cómic e banda deseñada. Aquí chegou o verán co abano de posibilidades para os pícaros (que seguen sen desfrutar dun local da xuventude agora dinamizado pero para máis maiores), ou a iniciativa da pasada semana 'Ribadeo aberto', cousas que se suman a outras como as potenciadas dende a Casa das Letras, coas súas diversas actividades, ou os diversos clubes deportivos e asociacións, como as maratóns de fútbol, as charlas e cineforum de O Tesón, a presentación dun novo episodio da memoria de Ribadeo pora Atalaia, etc. Non pretendo ser exhaustivo porque de seguro que me esquecería dalgunha iniciativa.
Todas as actividades potencian a ecoloxía cultural e vital de Ribadeo, pero coido que habería que ter coidado con que nalgún caso se faga uso da difusión sen nada (ou moi pouco) detrás, esperando que despois do anuncio, a iniciativa se desenvolte por si soa, haxa unha competencia entre iniciativas que afogue a tódalas que compiten por un espazo como o de Ribadeo, cun volume de atención posible abondo reducido en xeral, ou polo contrario, que se tente vigorizar unha determinada corrente con recursos en detrimento doutras posibilidades en troques de consideración de actividade a actividade. Falaba Darwin da supervivencia das especies e da mellora da mesma nun medio diversificado, pero tamén da competencia polos recursos que pode levar á extinción ás menos adaptadas nun momento dado, e que é doado variar ás veces coa variación artificial dos recursos do medio.

2 comentarios:

Ángel de Olavide dixo...

Viendo tal riqueza y variedad de fuentes de noticias seguramente se haga necesario construir una especie de agrupador de noticias. Aquí tienes un ejemplo que funciona muy bien en Madrid. El creador es buen amigo mio y no creo que tenga problemas en ceder el código.

Madrid, 06 de Julio de 2012

Coincido con tus apreciaciones. Variedad y entropía...dificil equilibrio.

agremon dixo...

La presentación me parece fenomenal. Hemos de hablar del tema cuando aparezcas por aquí.