Onte pola noite comezaron as festas. Non sen polémica(s) previa(s), e xa postos, previsiblemente quede algunha cousa para polemizar. O primeiro foi a rexeitamento do alcalde á impartición pegoeira por unha política do PP relacionada cun caso de corrupción, o que orixinou un baile na comisión de festas: alomenos nominalmente, o presidente deixou de selo para se un sinxelo comisionado máis. O certo é que non atopei referencia a quen o substituíra, pero así apareceu nos medios que vin, e é de supoñer que alguén outro da comisión pasaría a ser presidente. Por certo, o pregón, ó final, estivo a cargo de Julio Carballal, exdirector de Radio de la Costa-Cadena Cope.
Esta semana saltou a segunda polémica, que por un tempo de onte pola mañá deixou a Ribadeo sen festas: o horario de verbena. O ano pasado houbo protestas polo ruído a altas horas, e este ano o alcalde dixo que non a unha parte do horario, amezanado a comisión de non haber festas porque non lles resultaba rendible ós instalados no feiral. Hai que lembrar que o ano pasado a comisión dixo que quedaran 6 000 € favorables nas contas ó final. Este ano a cousa rematou con algún cambio, segundo a nota que apareceu na rede un par de horas despois de que a comisión 'rompera a baralla' co alcalde, que corto e pego:
Tras la decisión tomada por el alcalde de ribadeo de recortar el horario inicialmente pactado, es decir, el mismo de todos los años anteriores y viendo el trastorno económico que esto nos supone, la comisión en pleno nos vemos obligados a tomar las siguientes decisiones para poder continuar con las fiestas:
1.- La discoteca Movil MM traslada su actuación del miércoles 5 al domingo 9. EL Domingo 9 se suspende la contratación de ninguna orquesta quedando solo la discoteca móvil MM.
2.- Se suspenden todos los fuegos artificiales durante las fiestas, incluida la Traca del 7.
3.- Nos vemos incapacitados, muy a nuestro pesar, a pagar unos gaiteiros que acompañen a los cocos el día 9, por lo que a falta de que algún grupo se preste altruistamente a acompañarlos no podemos garantizar que salgan.
Es muy doloroso para nosotros tener que tomar estas decisiones, pero nos vemos en la obligación de tener que hacerlo para poder garantizar el pago de todo lo que tenemos contratado a día de hoy.
La comisión os desea felices fiestas y espera que esto no influya en el ánimo de la gente y venga a ribadeo a disfrutar de unas grandes fiestas.
Corto e pego asemade a nota do alcalde, anterior á da comisión:
O GOBERNO TENTA CONCILIAR INTERESES CONTRAPOSTOS
Festas patronais 2012
31/08/2012
O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, pide comprensión aos veciños polas molestias que poidan ocasionarlles as festas patronais e demándalle sentidiño á comisión de festas, á que lle lembra que hai moita xente que traballa e que precisa descansar. Suárez Barcia fai unha chamada ao respecto mutuo entre unha parte e a outra.
O rexedor sinalou que "ao igual que non hai moito tempo moita xente cuestionaba que as festas da patrona de Ribadeo non tiñan a calidade doutras moitas que se puideran celebrar en calquera parroquia de calquera pequeno Concello dos arredores, debo dicir que tanto o ano pasado coma éste a calidade e a cantidade dos eventos dos festexos fai que Ribadeo volte estar no mapa das festas patronais que un concello poida merecer. Isto é importante e hai que valorarllo á comisión de festas porque moitas veces de maneira abnegada, con moitas incomprensións, ten que traballar, recadar diñeiro, etc".
Suárez Barcia explicou que "digo esto de primeiras porque parece ser que a comisión de festas está molesta porque desde o Concello de Ribadeo lles poñemos algún límite aos horarios máximos das actuacións. Debo dicir que o goberno municipal de Ribadeo e o alcalde o somos para ben e para mal alcalde e goberno para todos, para os que nos votaron, para os que non nos votaron, para os que toman as copas nas festas, para os que sirven as copas nas festas e para os que nas festas durmen porque teñen que traballar ao día seguinte". O alcalde asegurou que "por todos istes motivos o noso labor é máis complicado porque temos que conciliar intereses contrapostos, hai determinadas liñas que non podemos cruzar e non cruzaremos nunca, nunca cederemos a ningunha chantaxe, aínda que penso que non chegaremos a esa circunstancia".
O goberno municipal pídelle á cidadanía de Ribadeo "que sexa comprensiva sobre todo os días grandes, o venres e o sábado, onde todo se pode alongar un pouco máis do debido. Pídolles comprensión aos veciños para que fagan o esforzo de aturar ruidos e música máis aló dos límites que poden ser normais. Pero tamén lle pido á comisión de festas que nos días de semana, que son de festa, pero tamén sabemos que hai moita xente que ten que madrugar, que ten durmir e descansar, porque non é igual ter un ou dous días de festa que ter seis ou sete… hai moita xente que se sinte moi incómoda con esta situación porque non poden pegar ollo durante toda a noite e pídolles que, con sentidiño, nos días de semana sexan consecuentes e razoables e que vaian cortando a música de xeito razoable para que a xente poida durmir unha parte importante da noite".
Suárez Barcia indica que "o que se fale de nós por aí adiante repercute no comercio, repercute na propia imaxe de Ribadeo e nós nin estamos nunha parte nin na outra, as festas son de todos, todos temos que saber respectar, porque tamén eses días hai excesos, pero a outra parte debe saber comprender que hai moita xente que precisa descansar".
No pobo, tras saír nos medios a nova do enfrontamento, había comentarios diversos, entre eles, 'xa verás como cando teñan que afrontar o pago das orquestras contratadas sen tocar, cambian de opinión'. E parece que algo así pasou, aínda que as festas deste ano non sexan tanto negocio como as do ano pasado.
E o comezo das festas? ... pois cunha semana de antelación ó día da patroa, tomadas como unha continuación do verán.
Mentras, hoxe volve saír o sol para comezar un mes despois dun agosto excepcional ...
4 comentarios:
Llevo observando las conocidas como Fiestas de Ribadeo desde hace unos años. De mal en peor yo creo que ni son fiestas ni son de Ribadeo. No tienen ningún elemento que permita identificarlas con la idiosincrasia del pueblo y de sus gentes. Y llamar fiestas a una continuidad en peor del mercado de los miércoles por el procedimiento de llenar las calles de puestos de ropa falsificada, a una extensión hasta el infinito de las barras de bar de todos los días o a una explosión de supuestos ruidos musicales hasta las tantas de la madrugada es algo muy atrevido. Cuando los intereses privados se apropian de la gestión del espacio público es lógico que el resultado sea el que es. Pero bueno, habrá que consolarse pensando que así son las cosas a lo largo de nuestro país y que todo esto responde a una situación global que supera el ámbito de una localidad determinada. El mercado, le llaman. Yo a esto y que me perdonen los que ilusionadamente creen servir a su pueblo le llamo: polvo, ruido y vomitonas.
Creo que lo que puse ha servido de introducción, y el auténtico post ha sido el comentario de Ángel.
Somentes un par de cousas:
Como é posible que a redución ou modificación do horario poda supor un "trastorno económico" para a Comisión? Suporá un transtorno económico para as "barracas" ou para os bares que se monten no campo da festa (que non poderán vender copas até tan tarde), pero imaxino que a aportación destes á Comisión estará pechada antes do inicio das festas, independentemente dos seus beneficios, ou non? De non ser así, imaxino que se un ano obteñen máis beneficios, aportarán máis cartos ás festas.
E noutra orde de cousas, se non hai cartos dabondo porque non actúa de modo "altruista" a orquestra X ou a discosteca móbil Y.
A verdade, as respostas a Plutón serían para a comisión, a orquestra x ou a disco móbil y. Entendo que aínda non cobraran ó comezo, e están deixando instalar as cousas e temen que non lles paguen ó final, aínda que o monto teóricamente non esteña suxeito a beneficios. En canto ó altruísmo, coido que foi deixado na primeira estación de servizo, como en tempos dicían se facía cos cans ou mesmo cos maiores ...
Publicar un comentario