20120913

Pescadores

A foto é de onte noite, a eso das dez e pouco. Normalmente, se a noite o permete, hai pescadores no peirao. Onte facía boa noite, e o número de pescadores así o testemuña: nunca antes vira tantos coches no espolón do peirao (claro que antes de ensanchalo tampouco caberían). Unha curiosidade normal: todos están pescando cara á auga máis aberta e movida, ningún cara á rada.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Todos estábamos pescando cara a fora porque dentro non se podía naquel momento, xa que había moita alga e a marea aínda que estaba a subir, non fixera a forza suficiente para arrastrala pa fora da dársena.Máis tarde xa se podía e de feto había xente pescando. Saúdos. Markytos

agremon dixo...

Boa aclaración. de feito, eu pensaba que era por outra razón.