Dise que a realidade supera á ficción. Ténse demostrado en moitas ocasións ser así (noutras, a ficción vai moi por diante).
Onte pola noite cheguei a ver unha película de acción que xa tivera visto en parte. Enganchoume unha frase, repetida despois de xeito parello por varios protagonistas: "él púxome onde estou". A primeira vez que a escoitei onte, dicíaa na ficción o 'presidente dos EEUU' dun 'magnate'. Logo era repetida por algún asesor, polo propio magnate ... naturalmente, sempre en privado, nunca en público, onde a cuestión era a 'amizade', os 'valores representados', etc.
Estou a falar dunha película do 1996 que leva o título da entrada, e na que se represetna con toda naturalidade a corrupción nas altas esferas da nación (daquela máis que hoxe) máis poderosa do mundo.
Se iso é atribuído á nación máis poderosa e non se lle da importancia, asúmese como algo normal na ficción, e non se alude a esa ficción para tentar que non siga adiante, coido que é una sinal de que neste caso, a realidade non vai por tras, senón á para ou por diante da ficción. No estado máis poderoso do mundo. Nun estado abondo menos poderoso e a punto da quebra en boa parte por tapar furados de xente con poder económico, non da que pensar que a ficción quedou atrás xa hai algún tempo?
2 comentarios:
Unha lectura (por exemplo): http://blogs.publico.es/moncho-alpuente/2012/09/29/un-habano-en-nueva-york/
outra: http://www.publico.es/443174 ; outra: http://www.publico.es/443145 ; Sen cambiar de día, cambiamos de medio?, quizáis para un 'non problemático' e financiado con millóns de euros polo goberno? http://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2012/09/30/ayudas-banca-disparan-deuda-record-905-pib/0003_201209G30P35993.htm; http://www.lavozdegalicia.es/noticia/espana/2012/09/29/the-new-york-times-escribe-articulo-pone-tela-juicio-finanzas-juan-carlos-i-casa-real/00031348910261143562934.htm ; http://www.lavozdegalicia.es/noticia/espana/2012/09/29/delegacion-gobierno-cifra-4500-manifestantes-jornada-29s/00031348952522188375304.htm ... podemos cambiar de medio de novo ...
Publicar un comentario