Unha mañá normaliña do cambio de verán a outono, co bo tempo e uns rumores inusitados por inaudibles só hai uns días, conforman unha mañá post-pleno.É un cónclave pequeno e pouco influínte, pero participa da mecánica xeral da estrutura política que criticaba hai pouco por exemplo, o artigo Una teoría de la clase política española, longo e con cousas coas que non estou de acordo, pero que é un apartado máis para reflexionar, como por exemplo, agora que o alcalde prometeu o PXOM (por outra banda, unha vez máis), "al contrario de lo que sucede en EE UU, las decisiones sobre qué se
construye y dónde se construye en España se toman en el ámbito político.
Aquí no se puede hablar de pecados por omisión, de olvido del principio
de que los gestores públicos deben gestionar como diligentes padres de
familia. No. En España la clase política ha inflado la burbuja
inmobiliaria por acción directa, no por omisión ni por olvido. Los
planes urbanísticos se fraguan en complejas y opacas negociaciones de
las que, además de nuevas construcciones, surgen la financiación de los
partidos políticos y numerosas fortunas personales, tanto entre los
recalificados como entre los recalificadores." Remarcaría no anterior o de 'complexas e opacas negociacións'.
No, Ribadeo non é España ou Galicia, aínda que forme parte parte delas e polo tanto o sexa como inclusión. Ten as súas particularidades e por exemplo onte votouse no pleno a petición de conservación de liñas de tren. Propostas alternativas a parte da petición de que non nos quiten o que temos? Coido que non. Tamén, votouse o apoio á ameaza de Alcoa de pregar se non se lle baixa a luz. Coido que neste caso a cousa é máis complicada, e debera pasar por un cambio xeral na tarifa eléctrica para evitar un novo subsidio público (é dicir, de todos) a unha empresa privada, cando por exemplo, hai só un par de días que os propietarios de autopistas, ante as perdas actuais despois de ganancias pasadas, propoñen que todo o mundo pague unha cota. É dicir, un imposto que iría a parar direitamente ós seus petos, usásese as autopistas ou non. O que, sendo unha empresa privada e procurando lucro, ... pero como xa hai sectores que chupan do bote, un máis ...
Ribadeo, 'sitio distinto'?
Ningún comentario:
Publicar un comentario