20121015

Estado actual de moitas ilusións: proxectos para Ribadeo

Ribadeo é persoa maior. Como tal, moitas ilusións e proxectos vánse quedando no tinteiro. Lei de vida? Si, inexorable, pero non invariable para cada un dos proxectos, pois está visto que se se deixa, o número de proxectos inalcanzables chegará ó infinito, mentras que con acción o número dos que se vexan perdidos baixará tendendo a cero. Naturalmente, ambos como límite: sempre pode xurdir algún de carambola, sen comelo nin bebelo, e algún outro será inalcanzable como na canción infantil o de 'quisiera ser tan alta como la luna' ...
A lotería de O Tesón reivindica algúns dos proxectos para Ribadeo que nestes momentos están pendentes. A casa dos xulgados, da que teño falado no blog a conta do seu estado e falta de mantemento, sirve como fondo este ano a catro reivindicacións de calado que se pretende que non se esquezan.
A primeira, a residencia de maiores, é unha necesidade que se vai ver incrementada pouco a pouco, pero que non pode ser enchida de calquera xeito: se non hai cartos por parte das familias e a residencia non se subvenciona, os maiores quedarán nas casas, por imposibilidade material, aínda que haxa unha flamante residencia á que non poidan acceder. Logo é unha reivindicación que non se trata de encher nin só con promesas nin só cun edificio. E que cada vez é máis acuciante.
As vidrieiras seguen nun impasse dende hai tempo: parece como se todas as forzas vivas deixaran o tema en barbecho, meténdose todo o máis en vericuetos que á cidadanía importan só de xeito secundario, e esquecendo que se non se investiga e se asignan culpabilidades e castigo, voltará a suceder con calquera outro ben público. Mentras, polo que parece os anacos aínda conservados seguen nunha carretilla.
O xulgado? Mondoñedo móvese defendendo con unllas e dentes a institución que ten alí sé. Viveiro non lle vai moito á zaga, contando coa súa potencia comarcal. Din que a río revolto, ganancia de pescadores, e agora mesmo o mapa territorial do eido xudicial está revolto, pero Ribadeo non se puxo a pescar, se exceptuamos ó Tesón. E, se non hai pescadores, a pesca non aparecerá no prato por arte de maxia. O prato estará vacío.
A ría de Ribadeo ... oficialmente, chámase así, e é algo máis que un nome: é un símbolo de adicación á ría que Ribadeo está a perder pouco a pouco, comezando polo seu desentendemento do uso do propio nome. Coido que en Galicia sabemos ben da substitución de nomes por alcumes, e o que significa en cada un dos casos. A ría de Ribadeo leva anos loitando por seguir sendo ría de Ribadeo. Tamén leva a nos loitando pola súa conservación ...

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Para esas catro reivindicacións temos un goberno maioritario que está totalmente desaparecido das tarefas clave para o Concello de Ribadeo, e o resto da Corporación Municipal, brilla por sua ausencia. Só parece que interesa o que xenera "riqueza rápida", pero o que se pide por parte da cidadanía: estabilidade laboral no presente (traballo nun Xulgado activo, nun taller de vidrieiras, na arqueoloxía marítima da Ría de Ribadeo e dos Museos históricos que se poidan crear...); é unha espranza de vida digna na madurez (Residencia de Ancianos, servicios de asistencia domiciliar de varias horas, que non só sexa para dar os bos días os enfermos...) eso non xenera lucros a curto prazo...¡non interesa por tanto! ! Estamos amañados cos demócratas de toda a vida..."!!!

Anónimo dixo...

¡¡VAINOS TOCAR A LOTERÍA!!! O NÚMERO ACABA EN NOVE, E A SUMA: PATITO-PATITO.... SEGURO QUE TOCA... SAÚDE, NON VOS QUEDEDES SIN ELA...