Quen non lembra a peli? En torno ó ouro lévase trazado toda unha montaña de quimeras. E agora mesmo, séguese a facer. A mostra estivo onte en Tapia, segundo apuntan os xornais. Din que os organizadores tildaron a asistencia en mil persoas. 'Fontes oficiais', en 400. Peticionarios de emprego, segundo a empresa, en 7 000. Postos de traballo ... algún menos: 250 (tamén segundo a empresa, que eleva ata 500 a repercusión xunto cos indiretos). Os números seguen sen cadrar, nin en postos de traballo a producir nin en temas de contaminación ambiental.
As últimas manifestacións contra a mina tiñan un volume semellante, pero menos recursos: din que nesta se repartiron 700 pitos e había 54 pancartas, o que require un esforzo se se considera que o groso da manifestación foi xente que procura un emprego na mina. Diríase que teñen capital á súa disposición. Mentras, o impacto ambiental está a caer, pero tal que como se teñen feito as avaliacións de i.a., tampouco é moita garantía.
Quizáis o quid esteña nunha pancarta que considero abondo representativa: 'queremos trabajo para las deudas', á que tamén se lle poderían dar varias leturas, entre as que destacaría algo así como 'queremos traballar para seguir a manter este modelo económico de consumo endebedándonos material e moralmente, coa natureza e con nós mesmos'. De novo, a quimera do ouro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario