Xa pasara 'moito tempo'. Os estorninos están de volta por Ribadeo. Deixo a continuación catro fotos, unha ampliación e un vídeo:
Unha árbore aparentemente normal no xardín, moi poboado de follas, iso si,
Se nos fixamos, na ampliación a grande maioría das 'follas' non son tal, senón paxaros.
O que se pode notar cando comezan a moverse...
... no que é toda unha estampida, ...
... producida por iste can ó que case non se lle podía escoitar ó ladrar.
O vídeo, non tan bo como o referido enrriba, da mostras dun pouquiño da evolución de parte da colonia, onte ó mencer.
Ningún comentario:
Publicar un comentario