20121118

Domingo de concentracións

Hoxe houbo unha concentración entre 11:30 e 12 na Ponte dos Santos a conto do paso ciclista sobre a ría. Rebobinando, esta semana houbo un accidente dun ciclista ó pasar pola beira, co resultado dunha mandíbula rota. Hai xa dous anos que O Tesón presentou unha pregunta no pleno, que o alcalde dixo que ía preguntar e hoxe, na concentración, que alí estaba tamén, dixo que preguntara oralmente e non recibira resposta. Tamén tomou cartas no asunto o Club ciclista Eo, cunha carta no seu momento á DGT, da que nunca máis se soubo. A cousa parece que pode voltar comezar no pleno de mañá. Mentras, unha vintena de ciclistas reunímonos á entrada da ponte e mañá ou pasado sairá a foto en diversos medios; foi o momento para comentar a posibilidade de xuntármonos cada quince días para atravesar a ponte polo arcén da autovía en conxunto, ata que se solucione o tema. Veremos como segue.
Tamén houbo unha concentración á mesma hora doutro tema moi diferente. O PSOE quere recuperar a propiedade do terreo da antiga casa do pobo, confiscada na guerra civil. Agora a Xunta, á quen pertence de xeito nominal, quere vendela, co que a recuperación estaría máis complicada. Esta xuntanza foi máis numerosa (cheguei cando xa se estaban marchando), pero aínda así, ignorada pola grande maioría de xente, igual que a circunstancia do despoxo da titularidade.
Unha nota sobre a Casa do Pobo, sintetizando o recollido de Facebook: Inauguración: 1910, con visita de Francisco Largo Caballero. Foi doado por José Benito Pérez (o único que atopei para ligar). Tiña biblioteca, sá de xuntas e vivenda para conserxe. A imaxe de abaixo, do sigpac, indica cun punto en azul mariño a casa do concello (inferior dereita), en amarelo, as catro calles. en azul claro, o aparcamento 'do gadis', en verde o patio do colexio Sagrado Corazón e en vermello o punto onde se atopaba a Casa do Pobo ribadense.

3 comentarios:

agremon dixo...

Unha imaxe, da concentración de ciclistas, no facebook do alcalde aquí

agremon dixo...

Na Voz

agremon dixo...

No progreso