20121104

Ecoribadeo ou teonomía?

Hai xente que se queixa de que unha zona do paseo do faro cheira. Non me debeu de coincidir pasar moitas veces co cheiro, pero algunha si que notei un olor forte e atribuíno a outras cousas, que non a contaminación. De calquera xeito, o coidado da ría esixe unha maior atención, e non só da outra beira (xa se sabe, se estamos en Galicia, da asturiana por unhas razóns, se en Asturias, da galega, por outras...), que podería ir comezando por un plan integral que leva pedindo algunha xente dende hai tempo. O aumento de votos ribadenses dirixidos a algunha agrupación alomenos en teoría relacionada co ecoloxísmo debera facilitalo, tanto por activa (ó haber máis estrutura detrás da petición) como por pasiva (ó haber menos resistencia). E é que aínda que estemos moitas veces afeitos a considerar casos particulares, é hora de ir pensando en termos ecolóxicos de xeito preferente ós termos económicos ou, na actualidade, ós correspondentes a esa mixtura de verniz de economía e formas de teoloxía que quizáis poderiamos chamar teonomía.
E é que se deixamos que ocorran cousas como ista:
que é unha imaxe normal nalgún lugar de Ribadeo, e que foi tomada a comezos deste ano, pasaremos de considerar a Ribadeo como lugar luminoso, como na foto tomada esta mesma semana:
 a consideralo crepuscular
 ou direitamente sen luz
con fotos ambas tamén da semana que está a rematar. Sucesión de imaxes nas que prefiro a primeira, a pesares da evocación que se pode facer dun tempo perdido que na segunda ou do misterio que pode evocar a terceira.

2 comentarios:

Enrique Sampedro Miranda dixo...

Ola Antonio. Totalmente dacordo. O coidado da ría ten que ser por parte de todos, e non conduce a ningún lado andar botándolle a culpa ós da beira oposta (sexa cal sexa a beira desde onde se mire) de que contaminan máis.
E o do plan integral de xestión non é que sexa só unha necesidade urxente. É unha obriga das administracións por ser Reserva da Biosfera, ou ZEPA ou humidal da rede RAMSAR. Están a incumprir os compromisos que conleva formar parte destos espazos en teoría protexidos.
Saudos

agremon dixo...

A contaminación, da beira asturiana: http://www.europapress.es/sociedad/medio-ambiente-00647/noticia-fiscalia-investiga-posibles-vertidos-ria-eo-asturias-20121107124046.html (aínda que na foto apareza a beira galega, como se fóra ribadeo o contaminante do que se fala neste caso)