20121119

Estatística dun desastre

Aproveito datos que traía onte La Voz para facer un par de gráficos:
 Coido que está claro que entre o 2003 e 2005 houbo unha importante merma na cabana de vacuno de leite na comarca. A partires de aí, a situación case se estabilizou, mesmo cun pequeno crecemento no 2008, no que houbo unha punta nos prezos de venda de leite ás empresas. Se se compara a cabana de produción de carne, nótase que esta última está estable, tendendo máis ben a medrar. Abaixo deixo as táboas de cabana de leite en Ribadeo e os dous concellos limítrofes, e de carne e leite na comarca (as táboas correspondentes ós gráficos)
Se tomamos só as vacas de leite, atopamos que nos tres concellos limítrofes a tendencia é a mesma que no conxunto da comarca. Resulta que maior cabana corresponde a Ribadeo ó comezo do século e segue a corresponder agora, pero diminuída nun tercio (nos outros dous diminuíu aínda maior porcentaxe)
Mentras, e salvo o puntual do 2008, os prezos da leite mantéñense nos niveis de hai dez anos, mentras as subas do pienso, por exemplo, superan longamente o IPC, que acumulado supón unha suba xeral nos custes de preto do 50%, e neste caso, a produción leiteria, máis aínda. Os gandeiros entraron en perdas, según din, hai xa tempo, pero as vacas non é algo que se poda anular hoxe para desconxelar pasado mañá, ó son do mercado ... e non creo que sexa consolo algún o dicir que se as vacas producen perdas, se hai menos vacas, hai menos perdas: o problema social agudízase.

Ningún comentario: