Este venres terá lugar a proxección e posterior foro sobre a película 'La Ola'. Antes da proxección será entregada unha pequena sinopse sobre o que representa a película e o seu desenvolvemento, e despois, terá lugar o intercambio de ideas e pareceres sobre a mesma.
A nota de prensa dicía:
A
AVV O Tesón comezará o próximo venres 9 de novembro de 2012 un
novo ciclo de catro actividades de cine forum co nome xenérico de
'Novelando a presión social'.
As
catro películas elixidas, La ola, Network, Un mundo feliz e El
Acorazado Potemkin, que serán proxectadas por esa orde os venres
sucesivos do mes de novembro, son mostras de diferentes facetas de
evolución da presión sobre e dende a sociedade.
O
ciclo, en cada unha das catro semanas, terá o mesmo esquema de
actuación: repartirase unha pequena introducción e comentarase,
haberá o pase da película e logo o foro de comentario de ideas e
sentementos sobre o desenvolvemento da mesma e a evolución social.
O
desenvolvemento será no Salón de Actos da Casa do Mar de Ribadeo, á
mesma hora os catro venres, as 20:00. A actividade é de
participación libre e gratuíta.
Lémbase
que ó igual que os anteriores ciclos promovidos pola asociación
veciñal, este desenvolverase en catro fins de semana seguidos. As
próximas proxeccións terán lugar os venres 16, 23 e 30 de
novembro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario