Luns, pleno no concello ás 20 horas. Temas a tratar? Sábese de que non vai haber aumento de impostos, que interesou publicitar. Pero non máis.
Apertura, claridade, información, contacto, ... Cando se pediu un regulamento de participación cidadá (sen contestación polo concello), se propuxo (sen atención), se propuxeron cambios ó proposto polo concello (sen consideración), foi aprobado previo e disecado en varias publicacións por min mesmo, presentáronse alegacións (... e ata agora) ... por algo foi.
Así pois, estamos ó día. A día de que, iso non se sabe: o de goberno aberto chega aquí de xeito demasiado intermitente.
Unha nota: onde a participación na páxina do concello?
Ningún comentario:
Publicar un comentario