20121205

Mundo revolto ... significa revolución? non (polo momento)

O comezo da revolución pode ser un mundo revolto?
En Ribadeo, as festas van para o aparcamento, pero o mercado do Nadal ven ó centro. Sen carpas, que costan, pero con cubículos cubertos, que se non chove por dentro ...
Hai anos que o BNG estaba en cabeza da protesta contra os eólicos no Mondigo, ó pé das Catedrais, e ando na procura dalgunha das postais ou carteis que proxectaban a súa imaxe sobre a praia... Hoxe está en exposición a lista de afectados pola expropiación para realizar o parque eólico. Está no concello, controlado polo BNG, que deu difusión ó tema porque se non non se entera a xente. E punto.
O gasoduto está concitando estes días a tentativa de liderzgo do alcalde na zona para evitalo. Liña de alta tensión e construcción dunha estación transformadora quedaron na outra zona de defensa...
O alcalde invita a asistir ós plenos para que se vexa o que se coce e evitar os ataques do PP. Neste mesmo blog aínda hai non tanto se ten dito que non se sabía de que ía o pleno, que case nunca se sabía, e tantas veces se apuntou que os plenos parecían feitos en clave para que non se entendera, ou soporíferos para que non se soportaran, ou longos para que non se aturaran, e todas esas cousas, para que a xente os esquecera e os elixidos poideran campar máis libremente, e isto dende hai moitos, moitos anos ... Cambiará a invitación estas afirmacións?
A Xunta recorrirá á sentencia que lle ordena pagar a Acuinor pola paralización da piscifactoría de Meirengos, a actual lagoa Cascos. Antes, foi condeada por deixar pasar prazos administrativos ...
Pero non se crea o lector ou lectora: por cada cousa revolta en Ribadeo atopamos unha morea delas fóra...

Ningún comentario: