20121218

O plan perfecto: pagar para vender

Hoxe a portada da Voz é clara: o banco Novacaixagalicia val -3091 M€. O seu significado, tamén: haberá que desprenderse de 3091 M€ (+1 €) para quedar a pre e que alguén se faga con ela. Outros tres mil millóns máis [nota: máis de mil euros por cada galego], ... e segue sen pasar nada. A que me refiro? En todo caso, a responsabilidade sería por ganar moito catro directivos o último ano. Do anterior, non se fala. Da responsabilidade dos políticos e supervisores, tampouco. De quen vai pagar eses 3091 M€, tampouco (aínda que isto, como do que quedaría anterior, tamén se sabe).
Por certo, no paquete vai o nome. Hai un ano sabiamos que quebrada ou non, era algo público galego. en breve, tras entregarlle cartos outra volta, será de quen sexa, e o nome, que inclúe a Galicia, tamén será reservado para alguén de fóra.
Hai un anuncio de bankia nos xornais estes días que serve tamén ó caso. O lema, a toda páxina, é 'imaxina o plan perfecto'. Sen comentarios.
Un par de cousiñas 'sen vir a conto': collo de diasderaia un par de datos, que inclúen 600M€ de subvención para os touros, que serían soportados por un 9% da poboación española, segundo o MCu. Ou sexa, unha subvención duns 150€ por persoa interesada. Quen dixo que había crise? Aquí págase para vender!...

Ningún comentario: