Gobernar, ás veces, é repartir dor. Gallardón, Ministro de Xustiza, dixit. Quizáis se se fixera xustiza no reparto, o goberno podería ser bo. Se se reparte dor inxustamente, non.
Terá que ver o anterior comentario ministerial, por exemplo, con que o Goberno teña ordeado á Guardia Civil que lle diga a que políticos está investigando ou cos levantamentos de penas discrecionais do mesmo Goberno? Con poñer atrancos ó coñecemento público das accións administrativas? Con eximir de impostos á igrexa ou poñerllos ó 1% ás grandes fortunas, ou perdoar as triquiñuelas pasadas ós mesmos mentras sube o ive de xeito indiscriminado? Quizáis teña que ver coa petición de apretarse o cinto mentras os políticos electos votan que sexa obrigado para eles viaxar en clase selecta a costa do erario público? Quizáis cas rebaixas de soldos ós funcionarios, perseguindo mesmo ás institucións que tentan resistirse, mentras os deputados aprazan a súa plicación a eles mesmos? Ou cos atrancos para protestar xudicialmente por diversas vías, como o aumento de taxas mesmo por riba dos potenciais beneficios que poidera traer unha decisión xudicial favorable? Con impor taxas elevadas de matrícula ós estudantes ou repagos sanitarios? Con agasallar a determinados bancos con cartos de todos?
Está visto, repartir dor dese xeito non é gobernar, é sadismo. Independentemente de quen o faga, aínda que neste momento, está claro quen.
Ningún comentario:
Publicar un comentario