20121214

Xardín sen xardín

Coa liña actual, así será. O que en tempos foi chamado 'xardín de Sela', despois pasou a ser sinxelamente 'xardín', e logo pretendeuse 'de indianos' nunha zona, remata de sufrir unha nova merma. Hai uns meses tomei nota no blog dun atentado que fixera arder o parque infantil de preto das vivendas sociais. Estas semanas remata de consumarse: en troques de amañalo alí, convertiuse en aparcamento, deixouse un anaco máis para beirarúa, e o parque pasou a unha nova posición diante da casa do óptico. Hai que recoñecer que no paquete foi incluído un camiño que evita a rotonda e pasa por diante do canapé, que facía falla despois de quedarse o concello co tramo que antes era de Fomento e a construcción da rotonda (que tamén colleu parte do xardín, claro)...
Enrriba, a obra, aínda sen rematar.
Abaixo, outro anaco de parque sen parque. O terreo cedido para a instalación dunha terraza segue así meses despois de que o local cerrara:
Co que, de seguir, nun tempo quedará o ceo...




Ningún comentario: