(1ª parte)
3.Choiva
Continuando coa
recollida de datos da estación meteorolóxica da Pedro Murias,
atopámonos con que a serie fiable de choiva ten asemade unha
lonxitude menor do conxunto total da datos recollidos, abranguendo
igual que no caso de temperaturas, dende o 2003. Aínda así, con
datos incompletos de 2001 e 2002, ditos anos están incluídos nas
gráficas seguintes.
En termos xerais,
podemos dicir que as choivas deste ano aínda se apartan do réxime
medio, mais é normal que haxa desviacións nunha ou noutra época.
3.1.
Choiva media.
A táboa cos datos
recollidos é a que aparece á beira (tab1). Nela xuntei o resume de
datos referentes a choiva.
Na primeira liña baixo
os anos, aparece o total choiva caída 2001-2012 (a ter en conta que
os datos de 2001 e 2002, como dixen, son incompletos, co que o total
sería maior). Na última ringleira, aparece a media diaria de litros
por cada metro cadrado caída ó longo do mes correspondente.
3.2.
Choiva media anual.
Represéntase (gráfico
1) o dato do promedio de choiva acumulada para cada día do ano,
numerados e con divisións no gráfico que agrupan de xeito
aproximado dous meses. Ista representación da media de choiva
acumulada ó longo dun ano para un día dado é unha gráfica que
sorprende ó facela pola súa limpeza. Vese que a cantidade de choiva
caída vaise incrementando lóxicamente, pero distínguense zonas de
máis precipitación e zonas de menos.
Se se divide a gráfica
por tramos, pódese observar que ata o día 160 aproximadamente (10
de xuño), o réxime de choivas é prácticamente constante, pouco
maior de 2,5 L/m2 e día. De aí ata aproximadamente o
comezo astronómico do outono (21 de setembro), é dicir,
prácticamente o período de verán, o réxime baixa a súa media,
pasando a pouquiño máis de 1 L/m2 e día de xeito
uniforme. De aí e ata comezo de decembro (pouco máis de dous meses,
o comezo do outono), de novo volve a producirse unha uniformidade de
choiva, pero esta vez en maior cantidade, sobrepasando os 4 L/m2
e día. O mes de decembro volta a ter un réxime de choiva semellante
ó de comezos de ano.
O gráfico 2 representa
un desglose de datos ano por ano, seguindo a táboa, onde se pode
observar que no 2006 (1300 L/m2) choveu máis do doble que
no 2004 (600 L/m2), e que o ano 2012, a liña máis grosa,
é o terceiro máis seco do que levamos de século, sendo tanto o seu
inverno como o seu verán as estacións máis secas, rematando ambas
sendo o ano máis seco ata dito momento. Unha nota: para comparalo
cos outros dous gráficos que represetan a acumulación de choiva,
hai que ter en conta que a escala vertical é diferente neste caso,
sendo a parte alta 1 400 L/m2 neste caso, fronte a 1 000 L/m2 nos
outros dous.
O gráfico 3 (que se
corresponde coa liña grosa do gráfico 2), correspondente á choiva
que se foi acumulando durante o 2012, pode compararse co gráfico 1,
correspondente coa media anual. En dita comparación, obsérvase que
as choivas da primavera o inverno e foron medias, por contra das
escasas do inverno e o outono.
3.3.Choiva
media mensual.
O Gráfico 4 complementa
ó anterior, representando a choiva caída cada día do pasado ano.
Os picos corresponden na gráfica anterior cos momentos da liña máis
inclinada, recollendo cada un dos tres días máis chuviosos uns 30
L/m2
O gráfico 5
corresponden á media de choiva diaria considerada mes a mes durante
2012, podendo poñerse en relación cos gráficos 3 e 4. O Gráfico 6
represetna os mesmos datos que o 5, pero indica á vista de xeito
máis doado que a choiva acumúlase nos meses de outono, e que as
diferenzas intermensuais son abondo bruscas, correspondendo coas
diversas épocas do ano, ó contrario do que pasaba co gráfico
semellante de temperaturas, que tiña unha evolución suave.
-1ª parte- -3ª parte-
-1ª parte- -3ª parte-
Ningún comentario:
Publicar un comentario