20130127

Hoxe toca manifestación

... en Santiago, a prol do galego, en defensa da lingua. Organizada por queremos galego, mobilización.
Hai longo tempo xa que apoio o uso do galego. De feito, aí está a galipedia, por exemplo, na que estou implicado dende o primeiro momento. Apoio sen imposición, dun xeito creativo, facéndoo servir. Coma sempre, pero cada vez máis: tentando falalo e escribilo mellor, tentando expresar con el cousas novas, transmitir creatividade, empregalo para novo comercio, para o desenvolvemento da nova industria ... A sociedade, como as persoas, é imperfecta, e por iso, aínda sentíndoo dun xeito inconsciente, non se desenvolve un plan total nese sentido. E, ante as presión do castelán, retrocede. E por iso hai que organizar protestas para que non quiten a parcela que xa hai ...
Mais, o galego, de ser unha lingua maioritaria asoballada na escrita e na oficialidade, está agora nunha posición minoritaria que se resume moi ben de xeito gráfico e satírico nunha viñeta que vin onte: nun plató de televisión, hai xente sentada, e alguén avisa: ¡ahora, hablad gallego, que vamos a entrar en las ondas!

Ningún comentario: