20130131

Oito millóns de orzamento en Ribadeo, o mesmo que o depósito de Urdangarín

Como comentei e estaba previsto, o orzamento de Ribadeo para 2013 foi aprobado cos votos do BNG por un monto de pouco máis de oito millóns de euros.
O mesmo día, impoñíaselle ó xenro do Rei unha fianza de importe semellante. Na nota de prensa do equipo de goberno ribadense razónanse as diversas partidas, aumentos (poucos), diminucións (máis), dase algún ramalazo político (a axuda da Xunta descende, a da Deputación aumenta), fáise fincapé no aumento dos servizos sociais, noméase de pasada que a oposición non se opoñeu, cítase a diminución de persoal (e, polo tanto, sen citala, o aumento da eficacia), déixase claro que o concello está desendebedándose ... e volta a pedir a asistencia a uns plenos que parecen deseñados para evitar que o público acoda.
Pois ben, con todos os fallos dos plenos, o de Urdangarín rebasa ampliamente esa cota, tanto en obscuridade como en propaganda, e, se porlas circunstancias non se poden poñer en correlación moitas das verbas aplicadas enrriba ó concello co xenro real, hai polo contrario, outra serie de faltas do aínda Duque de Palma que tampouco parecen ter correlación con cousas achacables ó concello ou ós seus membros. Pero pensar que coa fianza a Urdangarín o orzamento de concello podería duplicarse ...

Ningún comentario: