20130115
Promocionando o novo parque -infantil- de Ribadeo
Atopámonos nas novas de onte coa promoción do novo parque infantil do xardín. Non saíu unha nota do concello (polo menos, aínda non está na web) e a nova é abondo laudatoria ó recoller as verbas do alcalde e os 42 000 € gastados na mellora (que se fixo rápido) e dar o tema por rematado. Deixo as imaxes do Visor Sigpac, na que se ve xa a rotonda feita, e de Google Maps, na que aínda non está, destacando en ambas á esquerda o círculo dos canapés e unha mesma realidade do parque infantil, a zona triangular obscura en ambos casos na parte superior da imaxe, e en ambos, lixeiramente á dereita.
O caso é que agora esa zona triangular é aparcamento (ver segunda foto inferior), como xa citei noutra entrada anterior, co que o parque de novo redúcese. E a zona obrada está aínda como esta. É dicir, como presentan as fotos de abaixo, sen rematar, sen asegurar e facer máis praticable o camiño que vai polo medio da herba. E cun novo e prático camiño para ir ao IES de Ribadeo, por exemplo, que facilita o paso por isa beira da rotonda a base de minguar a zona dos canapés.
Etiquetas:
arquitectura,
Fotos Ribadeo
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario