Descanse en paz. Coido que a nova, do fin do 2012, pode representar o maior cambio para este 2013 en Ribadeo e cara ó futuro. A empresa ferrocarrís de vía estreita deixou de existir con data 31 de decembro de 2012, disgregados os seus anacos en xeito diverso entre RENFE Operadora e ADIF, tal como se pode ver no BOE Núm. 314 do Luns 31 de decembro de 2012, Sec. III. Páx. 89698 (grazas, Moisés!), onde, entre outras cousas, aparece
Ben, estamos en tempos de cambio. Esperando pola 'restruturación de liñas e horarios', que despois de algunha nova e retroceso da mesma aínda non sei exactamente como quedará (se haberá redución de número de viaxes diarios...), temos que a integración da liña Ferrol/Oviedo-Xixón en dúas empresas dun nivel máis xenérico estatal en principio alonxará un pouco máis os lugares de decisión, e dificultará o contacto cos mesmos. Como polo momento estas cousas aínda se deciden máis a nivel político que a outros, non ten por que significar un empeoramento nin unha melloría. Veremos. O que si, cando vaiamos a pŕoxima volta pola estación do tren, saberemos que algo xa cambiou, aínda que ó mellor non nos decatemos a nivel prático ata dentro dalgún tempo.
Mentras, como xa me sinalou Moisés, Ribadeo segue sen aparecer na web de Renfe como orixe ou destino, o que só é un desfase de actualización nun cambio empresarial, pero pode tomarse como un augurio de nada bó.
[Nota posterior: segundo o comentario, xa aparece, en páxina diferente dentro da web]
1 comentario:
http://www.renfe.com/viajeros/feve/horarios.html
Na páxina de búsqueda de renfe como tal non sae, sae no apartado de feve.
Publicar un comentario