-->
Nota de prensa
A Galipedia, a versión
galega da wikipedia, cumpre 10 anos o próximo 8 de marzo.
Despois de aparecer a
wikipedia no 2001, o 8 de marzo de 2003 o usuario ILVI, lingüista
norteamericano, creaba a primeira versión da portada da Galipedia e,
cinco días despois, o primeiro artigo, dedicado á conxunción ou.
Hoxe, a Galipedia está a menos de 900 artigos dos 100 000,
aumentando ó tempo a súa calidade grazas ao traballo de miles de
voluntarios e aos mecanismos comunitarios de revisión entre iguais,
e vese acompañada de varios proxectos irmáns que a complementan,
como Galicitas ou Galilibros.
Para celebrar ista
historia de éxito do colectivo, o día 9 de marzo e en colaboración
con Wikimedia españa, celebrarase un encontro central en Santiago, e
arredor desa data, diversas actividades en varios lugares de Galicia,
entre eles, Ribadeo, onde o 15 de marzo, na Casa da Xuventude, ás
20:00 horas terá lugar unha actividade que constará dunha parte
expositiva de preseentación da Galipedia e unha parte prática,
obradoiro de introdución ó seu manexo. Cada un dos apartados terá
unha duración aproximada dunha hora, e será levada por A. Gregorio,
que tamén participará no encontro central de Santiago.
Adxúntase o cartel
anunciador e a páxina colaborativa para referir as actividades de
celebración ó longo de Galicia:
http://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Participación_activa
--
Un complemento: A felicitación da Wikimedia Foundation recibida para felicitar o ano 2006.
Ningún comentario:
Publicar un comentario