Por decreto de Fomento.
Hai tempo que O Tesón preguntou polo tema do paso pola Ponte dos Santos (e apareceu varias veces no blog, aquí deixo unha só con planos da ponte). Despois viu o accidente e a protesta xeral, na que converxeu taméun unha protesta anterior do club ciclista.
E iso moveu ó alcalde, por fin, a que preguntara a Fomento. Agora, polos xornais (cousa rara, non por nota da alcaldía que apareza no blog do concello), enterámonos da resposta, que inclúe que é perigoso pasar polo arcén, e que é dos poucos que teñen paso de peóns á beira en España, cousas xa sabidas. Pero ... a xustificación, "El Puente de los Santos, que discurre sobre la desembocadura del
río Eo, es soporte de la A-8, pero históricamente registró un tráfico
básicamente peatonal entre la localidad asturiana de Figueras y la
gallega de Ribadeo y como consecuencia, ya en su primera construcción
del año 1989 disponía de aceras", básicamente imputa que había peóns que pasaban antes da ponte. Debían ser peóns alados. E claro, de todos é sabido, as bicicletas non teñen ás. Por outra parte, si hai tramos de autovía que permeten o paso ciclista. Son menos perigosos que iste?
Ningún comentario:
Publicar un comentario