20130423

A saída do túnel

Así, movida, vendo luz exterior, ó tempo que o fotógrafo, eu, quedaba na obscuridade, quedoume hai algún tempo unha foto. Hai algún tempo, quizáis cando os 'brotes verdes' ou cando tras un ano de novo goberno todos os males do país estarían curados.
Hoxe paréceme unha esperanza que se alonxa, como o grupiño de xente da imaxe, colorido, no exterior, con toques vermellos, animación e tranquilidade.
Pásaseme pola cabeza que a saída dese túnel estaba cara ó sur, como a precariedade laboral ou os recortes de dereitos (e de dereitas tamén).
Mentras, en Ribadeo comeza unha nova obra na Casa dos Perecitos, onte estiveron montando a grúa, e pregúntome polo potencial financieiro de Paisajes de Asturias, SL, radicada en Castropol e que pola zona ten invertido no Pazo das Figueiras (Palacio Trenor), coido que tamén na torre de Donlebún... e en Ribadeo na Casa dos Perecitos, na Torre dos Moreno, ... extendendo a súa actividade a moitos outros lugares, e que está obrando en todas elas. O capital social é maior de 60 000 €, segundo a información dunha terceira web, porque non dou accedido a ningunha web da empresa, capitaneada por un administrador único despois dos seus 13 anos de actividade, Victor M -Victor Madera Núñez, segundo averiguacións posteriores-, como se pode ver na ligazón que poño.
O resumo da súa actividade: "La empresa PAISAJES DE ASTURIAS SL está ubicada en la localidad de CASTROPOL, provincia de Asturias. PAISAJES DE ASTURIAS SL fué constituida el 24/04/2000 con el objetivo "EXPLOTACION CONSTRUCCION, REHABILITACION, PROMOCION Y ADMINISTRACION DE APARTAMENTOS, RESIDENCIAS, HOTELES Y NEGOCIOS DE HOSTELERIA, RESTAURACION Y TURISMO RURAL ASI COMO LA COMPRA, VENTA, COMERCIALIZACION, IMPORTACION Y" y se dedica a la actividad CNAE de "Otros servicio independientes ncop""
Polo que parece, Paisajes de Asturias si está xa na saída do túnel.

1 comentario:

Anónimo dixo...

¿A ver si está na boca do túnel, solo porque sentíu necesidades fisiolóxicas? por que, qué se sepa, todavía non rematou ningunha obra no noso pobo e veremos si é promotor como aquel famoso "Pocero" que só era "especulador de escombros"!!!